Categorías: #12XSecretaría Xeral

Gonzalo Caballero, no 15 aniversario da vitoria progresista: “Galicia necesitaba unha rexeneración en 2005 que hoxe é aínda máis necesaria”

O candidato socialista formula un proxecto no que os galegos poden estar “cómodos e tranquilos”: “Non queremos derrocar a ninguén por estar enfrente, queremos cambiar o que hai para estar mellor”

Touriño subliña que “o cambio é posible e viable” o vindeiro 12X porque existe en Galicia “unha maioría progresista” e con “esperanza dun futuro mellor”

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2020. O candidato socialista á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, participou hoxe xunto con Emilio Pérez Touriño nun acto para conmemorar o 15 aniversario da vitoria progresista de 2005. Se daquela -sinalaron- “foi posible” poñer fin á etapa de Manuel Fraga á fronte do goberno galego hoxe “é posible” tamén e aínda “máis necesario”.

“Galicia necesitaba unha rexeneración en 2005 que hoxe é aínda máis necesaria tras 11 anos de Feijóo”, recalcou o líder dos socialistas galegos, convencido de que “temos que seguir avanzando” en cuestións como a defensa dos servizos públicos, a igualdade e a aposta por un goberno que faga pular a economía, que tamén levou adiante o goberno presidido por Emilio Pérez Touriño.

Non en van, sinalou como, nos 11 anos de Feijóo a fronte da Xunta, todos os indicadores relevantes foron “a peor”. Así é que temos -enumerou- menos poboación, 70.000 ocupados menos, un recorte de 2.000 millóns de euros na sanidade e un déficit dunhas 500 camas nos hospitais públicos.

De aí que Gonzalo Caballero formulou que o seu é “un proxecto para todos os galegos”, no que poden “estar cómodos, tranquilos”. “Somos o cambio con garantías”, enfatizou, ao tempo que deixou claro que o obxectivo para o 12 de xullo “non é derrocar a ninguén por estar enfrente” ideoloxicamente. “Nós queremos cambiar o que hai para estar mellor”, remachou.

“Galicia é a nosa causa”, afondou o líder socialista, para sinalar que o seu proxecto busca traer “máis oportunidades, máis servizos e máis igualdade” a Galicia. “Fronte aos que defenden o mercado para todo, nós queremos o público para o prioritario; fronte ao individualismo e ao neoliberalismo, cremos no colectivo e na socialdemocracia; fronte aos recortes, temos os valores do estado do benestar”, remachou.

“EN 2005 ERA NECESARIO, AGORA É IMPRESCINDIBLE”

Con estes vimbios, Gonzalo Caballero concluíu que “se o cambio era necesario en 2005, agora é imprescindible” trala chegada da covid, porque na crise amosouse como “as nosas receitas son máis acertadas que nunca”.

A modo de exemplo, referiu que a defensa da sanidade pública “non é só xustiza social”, senón que se xustifica en que supón “unha garantía, un seguro, para o país”. “Nós non temos que virar o noso programa”, reivindicou.

Ao fío disto, recordou que xa o goberno de Touriño aprobou normas que “quedaron na historia dos avances do noso país” no eido laboral, de defensa do medio, en materia de igualdade e conciliación, en rexeneración ou no compromiso cos servizos públicos.

“Niso temos que afondar”, especificou Gonzalo Caballero, quen comprometeu a creación dunha consellería específica de igualdade, garantiu de novo a gratuidade dos libros de texto e asegurou que todos os nenos de Galicia terán un ordenador con conexión a internet cando sexa presidente.

Do mesmo xeito, o candidato socialista á Presidencia da Xunta remarcou a súa aposta pola sanidade pública, con máis dotación económica, máis profesionais e o mantemento dos hospitais comarcais; e a posta en funcionamento de 2.000 prazas en residencias públicas de maiores.

“LOITAR POLO FUTURO DE GALICIA”

Ao respecto, Emilio Pérez Touriño sinalou que o vindeiro 12 de xullo “estamos convocados de novo a loitar polo futuro de Galicia” e amosouse convencido de que “a dedicación e a convicción” de Gonzalo Caballero “terá éxito” nas urnas.

“Coa esperanza nun futuro mellor” da man do líder socialista, Touriño destacou como lección do 19 de xuño de 2005 que “en Galicia existe unha maioría progresista”, ao contrario da crenza estendida, que permitiu entón a derrota do PP de Manuel Fraga.

A partir de aí, recordou, a Xunta levou adiante un proxecto “en positivo, que non ía contra ninguén” e que permitiu medidas tan importantes como a gratuidade dos libros de texto ou a lei do traballo en igualdade para homes e mulleres, e que sacou adiante unha sanidade pública que Fraga deixara “quebrada”.

E, nestes momentos nos que se detectan as “debilidades” da sanidade pública e dos mecanismos de creación de emprego, entre outros eidos, temos -dixo- que “conectar coa esperanza, coa ilusión” de Galicia para posibilitar a construción dun futuro mellor.

“É a nosa tarefa”, recalcou quen foi presidente da Xunta, quen incidiu en que “o cambio é posible e viable” agora dando “certezas e confiabilidade” para “vencer os discursos do medo” que utiliza a dereita.

“UNHA SORPRESA O 12X”

Pola súa banda, Dolores Villarino, a primeira muller progresista que presidiu o Parlamento galego, chamou a “dar unha sorpresa o 12X” e situar a Gonzalo Caballero á fronte da Xunta. “Porque non merecemos un presidente como Feijóo”, remarcou.

“Creo que temos a obriga de deixar a xeracións futuras unha Galicia mellor, e iso pasa por que Gonzalo Caballero sexa o próximo presidente da Xunta”, concluíu, nun acto que estivo conducido por Noa Díaz, número dous da candidatura socialista pola Coruña, e no que tamén interveu Damián Villalaín, asesor do presidente Touriño.

Ademais, o acto conmemorativo contou coa intervención musical de Luis Emilio Batallán.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18