Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero na xuntanza da Executiva do PSdeG: “A crise da Covid fai máis imperiosas a necesidade dun cambio en Galicia”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, presidiu hoxe a primeira xuntanza da Comisión Executiva Nacional Galega que se celebra -por videoconferencia- trala convocatoria electoral. Na súa intervención, destacou que “a crise da covid-19 fai máis imperiosa aínda a necesidade dun cambio en Galicia” para ter un goberno na Xunta que aposte polo público.

“Hai que activar aos 10.000 militantes socialistas de Galicia para retirar a quen foi o campión dos recortes na sanidade pública”, sinalou o líder do PSdeG, quen avanzou que a campaña ten que servir para mobilizar ao electorado progresista e que “non se quere resignar” a seguir pola senda da precarización e da privatización dos servizos públicos que caracteriza á etapa de Feijóo na Xunta.

Nese senso, Gonzalo Caballero puxo o foco en que “a tarefa que temos por diante” é amosar que o PSdeG ten “o mellor proxecto de futuro para Galicia”, máxime para afrontar esta crise sanitaria, económica e social derivada da pandemia. “Temos un proxecto de compromiso coa sanidade pública, co fortalecemento do estado do benestar e unha política económica que non deixe a ninguén atrás”, resaltou.

“As receitas que necesita Galicia son as que temos no noso ideario”, destacou o máximo dirixente do PSdeG, quen resaltou o traballo feito “a carón da cidadanía” por parte dos máis de cen alcaldes e alcaldesas socialistas de Galicia, polos presidentes e a presidenta das deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra, respectivamente, e polo propio goberno de España.

“Axudas para autónomos por primeira vez neste país, mantemento dos salarios dos traballadores, medidas de reforzo para empresas, prohibición de realizar desafiuzamentos durante a pandemia, aumento das becas de estudos, renda mínima vital…”, enumerou Gonzalo Caballero, quen contrapuxo estas medidas coa actitude da dereita e a ultradereita “alentando manifestacións no barrio de Salamanca”.

CAMPAÑA

Así as cousas, co obxectivo de facer chegar esa mensaxe á cidadanía, Gonzalo Caballero seguirá mantendo a súa axenda de contactos cos cargos institucionais do partido e cos distintos sectores da cidadanía de Galicia, sempre cumprindo as normas de seguridade e precaución. Así, a medida que avance o proceso de desescalada, irase avanzando na mobilidade e programando actos de maior dimensión.

E, ao fío das medidas que necesita Galicia, fronte á inacción da Xunta de Feijóo, o secretario xeral do PSdeG indicou que Xoaquín Fernández Leiceaga coordinará a actualización do programa electoral para incluír o traballo e os informes dos grupos de expertos en sanidade e economía que convocou o propio Gonzalo Caballero a raíz da crise do coronavirus.

ESTADO DE ALARMA

En paralelo, o máximo dirixente do PSdeG criticou o comportamento político “do PP de Casado, Ayuso e Feijóo”. “Ten unha posición infumable”, subliñou, á vista do seu intento de “botar abaixo como sexa o estado de alarma”.

Sobre todo, como sinalou Gonzalo Caballero, porque “todos os galegos sabemos” que esta ferramenta é “fundamental” para levar a cabo o proceso de desescalada e desconfinamento “con todas as garantías”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08