Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero critica que Feijóo incumpra o acordo parlamentario de comparecer: “Fuxe do Parlamento para non dar contas dos recortes na sanidade e da xestión nas residencias”

O secretario xeral recorda que “hai un acordo subscrito por todos os grupos, tamén polo PP” polo cal Feijóo tiña que comparecer esta semana na Cámara


Santiago, 21 de maio de 2020
. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, criticou hoxe “a fuxida de Feijóo do Parlamento” para “non ter que explicar a súa xestión ante esta crise da covid-19”.

Aludiu así o máximo dirixente dos socialistas galegos ao acordo “subscrito por todos os grupos, tamén polo PP”, polo cal Feijóo tiña que comparecer onte, mércores, na Cámara galega. “Feijóo amosa unha vez máis o que vale a súa palabra”, sentenciou Gonzalo Caballero sobre o pacto para manter activo o Parlamento mentres dure o estado de alarma.

“Feijóo segue fuxido do Parlamento porque non quere dar contas dos seus recortes na sanidade pública, da súa xestión nas residencias de maiores e da súa inacción en política económica para acompañar aos traballadores, aos autónomos e ás pequenas e medianas empresas do país”, evidenciou o líder do PSdeG.

Xunto co incumprimento da palabra de Feijóo, Gonzalo Caballero sinalou tamén a súa “falla de transparencia”. E é que, nos máis de dous meses dende o estado de alarma, Feijóo só compareceu “dúas veces” na Cámara para informar da situación e explicar as medidas tomadas dende a Xunta tanto para facer fronte ao virus como para empezar a perfilar a saída desta crise.

Así as cousas, o secretario xeral fixo fincapé na necesidade de cambiar “a precariedade laboral e os recortes” que Feijóo instalou na sanidade pública, de “reverter a privatización” das residencias de maiores e de traballar nun modelo “para a reconstrución do país sen deixar a ninguén atrás”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57