Denuncian que a comarca está “desatendida” pola Xunta en materia de infraestruturas, servizos públicos e pulo industrial
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, estivo hoxe en Muxía para manter unha xuntanza de traballo cos alcaldes e alcaldesas socialistas da zona.
Na xuntanza participaron os alcaldes e alcaldesas de Dumbría -José Manuel Pequeño-, Camariñas -Sandra Ínsua-, Fisterra -José Marcote-, Muxía –Iago Toba-, Carnota, Juan Manuel Saborido-, Vimianzo –Mónica Rodríguez- e Corcubión –Manuel Ínsua-, e a tenente de alcalde de Cee -Emilia Trillo-.
Nese encontro, abordaron as necesidades da Costa da Morte, unha bisbarra “desatendida” pola Xunta en materia de infraestruturas, servizos públicos e pulo industrial.
Así, reclamaron ao goberno galego unha mellora das conexións da comarca coas cidades de Santiago e A Coruña, así como a necesidade de fortalecer os servizos públicos e, nomeadamente, de mellorar a sanidade de cara ao verán.
Aludiron deste xeito aos problemas derivados da falla de pediatras e da necesaria mellora na atención primaria.
Ademais, esixiron á Xunta o desenvolvemento de plans de emprego que reactiven a bisbarra, ao tempo que requiriron solucións para Xeal.
Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…
Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…
A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…
Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…
Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…
Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…