Categorías: Actualidade

Pablo Arangüena reclámalle a Feijóo “non relativizar a homofobia” mentres se aclara o asasinato de Samuel

O viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, dirixiuse hoxe ao presidente da Xunta para reclamarlle que “non relativice a homofobia” como posible causa do asasinato de Samuel a pasada fin de semana na Coruña.

Así o dixo logo da reunión da Xunta de Portavoces do Parlamento, nunha rolda de prensa na que aludiu ás declaracións de Feijóo na Cadena SER restándolle “relevancia” ás inclinacións sexuais da vítima.

O responsable socialista amosouse “moi cauteloso coas causas do crime”, pero sinalou que “estanse a dilucidar certos compoñentes de violencia homófoba”, e advertiu da importancia de “non relativizar as causas da violencia, por que  iso supón non actuar sobre esas causas e non actuar sobre a violencia”.

Arangüena trasladou a “condena rotunda” dos socialistas galegos sobre “calquera tipo de violencia” e manifestou o seu rexeitamento contra o “brutal asasinato” de Samuel.

Ademais, aludiu ás multitudinarias mobilizacións que se teñen convocado ao longo de toda Galicia en repulsa por este crime e que contan co respaldo do PSdeG. Onte mesmo, tanto o secretario xeral, Gonzalo Caballero, como o propio Arangüena, secundaron a concentración que ateigou a coruñesa Praza de María Pita.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18