Categorías: Actualidade

Feijóo responderalle a Gonzalo Caballero pola xestión das axudas do Estado para afrontar a crise, que mantén “no colchón”

O portavoz do Grupo Socialista, Gonzalo Caballero, empregará a sesión de control do último Pleno do Parlamento antes do verán para preguntarlle a Feijóo pola xestión das axudas do Estado para afrontar a crise da covid que “mantén no colchón”. O viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, lembrou logo da Xunta de Portavoces que a Xunta ten recibido máis de 1.200 millóns de euros adicionais dende que comezou a pandemia.

Arangüena sinalou que o goberno galego ten fixado o maior orzamento dos últimos anos grazas en parte ás aportacións procedentes do Estado e da UE, uns fondos que, dixo, “o presidente da Xunta mantén agochados no colchón en troques de empregalos para axudar” aos sectores máis afectados pola crise.

Neste sentido, aludiu tamén ao ditame da Comisión de Reactivación que afrontará o seu debate final no próximo Pleno do Parlamento para determinar a finalidade dos 113 millóns de euros do Fondo de Consenso. Estas partidas, dixo, “aínda están nas contas da Xunta cando deberan estar a disposición dos sectores” con maior incidencia da crise.

O responsable socialista lamentou que o PP tan só teña aceptado o dez por cento das 333 aportacións presentadas polos socialistas a este ditame, e fiou o sentido do voto dos socialistas galegos á incorporación de novas emendas no trámite final.

Arangüena sinalou así as propostas para incrementar o financiamento da Xunta ao Servizo de Axuda ao Fogar, que prestan os concellos, para aumentar ata os 12 euros por hora. Tamén reclamou o reparto de 25 millóns de euros entre os concellos con criterios obxectivos para axudar aos sectores máis danados pola crise e a creación dun plan de contratación para 3.000 mozos e mozas cun orzamento de 10 millóns de euros.

O próximo Pleno comezará co debate da Lei que habilitará a creación da Universidade privada, que segundo lembrou o viceportavoz socialista afronta o debate final coa oposición dos tres reitores das universidades galegas e o ditame desfavorable do Consello Económico e Social por ir contra a lexislación estatal e autonómica e solaparse coas titulacións xa presentes en Galicia.

Lamentou que “cando hai que escoller entre o interese xeral e o particular, a Xunta opta sempre polo interese particular”, desta volta cunha Lei altamente cuestionada, “opaca e con apenas 8 artigos” suficientes para poñer patas arriba o sistema universitario.

Dependencia

O Pleno do Parlamento que se celebrará na próxima semana incluirá unha moción do Grupo Socialista para incrementar o persoal destinado aos equipos de valoración da dependencia, así como unha interpelación para determinar os motivos do fracaso da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade, que supón un “exemplo da confusión entre propaganda e realidade por parte do goberno galego”.

Tamén incluirán unha proposición non de Lei sobre o “demoledor” ditame do Consello de Contas que ten certificado á Deputación de Ourense como “a máis caciquil de España”, co 80 por cento dos contratos e subvencións repartidos “a dedo”, e a maioría con 3 empresas vencelladas ao PP. Unha proposición non de Lei pedirá a reformulación do modelo de Atención Primaria de Galicia, a terceira peor do Estado en ratio de médicos por habitante e de enfermeiros por paciente.

As preguntas ao goberno versarán sobre a “represalia” contra o xefe de Xinecoloxía do Hospital de Verín, que “negouse a aceptar a cacicada” do peche do Paridoiro, sobre a reorganización dos distritos forestais de loita contra o lume e pola exclusión bancaria nos núcleos de poboación do interior de Galicia, que teñen cada vez menos oficinas e caixeiros para os seus habitantes.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28