Categorías: Secretaría Xeral

G. Caballero critica que a Xunta peche 600 camas hospitalarias en plena pandemia: “amosa que a Feijóo non lle importa a sanidade pública”

O líder do PSdeG reclama 5.000 novas prazas na sanidade pública e contratos estables para o persoal fronte á “precariedade” que existe no Sergas

Traslada o respaldo dos socialistas galegos á familia e amigos do mozo asasinado esta fin de semana na Coruña: “esta violencia brutal non pode ter cabida na nosa sociedade”

O portavoz do Grupo Socialista, Gonzalo Caballero, denunciou hoxe a decisión da Xunta de pechar 600 camas hospitalarias neste verán, nun momento de repunte de casos de coronavirus e de aumento das listas de agarda. “Amosa que a Feijóo non lle importa a sanidade pública”, censurou, ao tempo que formulou un plan de reforzo do Sergas coa contratación de 5.000 novas prazas.

Sobre todo, como sinalou Gonzalo Caballero, nun momento no que os propios datos da Xunta, “xa maquillados”, revelan un incremento das listas de espera “incluso en atención primaria, de ata 15 días”.

De feito, reseñou que hoxe hai que agardar oito días máis para ver un especialista en Galicia, cunha media de espera de 49 días; e 18 máis no caso das intervencións cirúrxicas, ata os 72. “Non pode ser que neste contexto aínda se pechen 600 camas de hospital no verán”, censurou o líder do PSdeG, consciente de que “cada vez que miramos para a sanidade pública con Feijóo hai retrocesos”.

Así, Caballero reprochou a Feijóo que incida “no debilitamento e o retroceso” do sistema precisamente no momento que é máis necesario “apostar polo fortalecemento da sanidade pública”. “Non pode seguir debilitando a calidade asistencial e a atención sanitaria que os galegos e as galegas merecemos”, sentenciou.

Sen deixar de facer fincapé na crítica a Feijóo por pechar máis de 100 camas tanto en Vigo como na Coruña, e outras 400 camas no resto de Galicia, nun momento no que o sistema está tensionado a causa da pandemia, Gonzalo Caballero subliñou que é necesario “un cambio de modelo”.

“FORTALECER A SANIDADE PÚBLICA”

Nesta liña, o líder do PSdeG emprazou ao PP e ao goberno galego a atender á proposta do Grupo Socialista na comisión de reactivación para “fortalecer a sanidade pública”.

Trátase, explicou, de habilitar 5.000 novas prazas que permitan cubrir os déficits de persoal na sanidade pública logo de 12 anos de recortes.

Ademais, dixo, cómpre apostar pola estabilidade laboral e deixar atrás “a precariedade” que existe nestes momentos. De feito, defendeu a contratación estable para os profesionais que teñan concatenado contratos temporais no Sergas por un volume igual ou superior aos 300 días durante os últimos dous anos.

ASASINATO NA CORUÑA

O máximo dirixente dos socialistas galegos comezou a súa intervención manifestando “a condena e o rexeitamento do PSdeG” polo “terrible asasinato” dun rapaz de 24 anos na pasada fin de semana na Coruña, unha mostra de “violencia brutal que non podemos consentir”.

Gonzalo Caballero trasladou o apoio de toda a organización á familia e amigos da vítima.

Reclamou que caia todo o peso da lei sobre os responsables deste crime, e chamou a eliminar estes intolerables “niveis de odio, tensión, crispación e violencia” que “non teñen cabida na nosa sociedade”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18