Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero lémbralle a Feijóo que será o próximo Goberno galego quen xestione o Xacobeo 21 e anuncia unha estratexia integral para o turismo galego

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, lembroulle hoxe a Feijóo que será o próximo goberno galego elixido polos galegos e galegas o que xestione o Xacobeo 2021. Así o dixo en Santiago, onde recibiu á ministra de Industria, Comercio e Turismo en funcións, Reyes Maroto, na súa visita a Galicia.

Gonzalo Caballero acusou ao presidente da Xunta de “volver a enganar” ao presentar “promesas a longo prazo” en materia turística “cando aínda non ten o mandato dos galegos para gobernar”. Explicou neste sentido que o próximo Xacobeo será xestionado dende por executivos socialistas tanto dende o goberno central como local, e “os cidadáns galegos decidirán quen o xestiona dende a Xunta”.

Explicou que un goberno socialista presenta “a mellor estratexia para garantir o impulso e coordinación entre tódalas administracións” que garantan un Xacobeo “que deixe pegada no momento inmediato e como mecanismo e panca de impulso da actividade turística e laboral en toda Galicia”.

Gonzalo Caballero anunciou unha “estratexia integral de desenvolvemento do turismo en Galicia” que cumpre “impulsar dende tódalas administracións públicas que gobernamos” co Ministerio á fronte.

Industria

Gonzalo Caballero afeoulle ao presidente da Xunta 10 anos de inacción sen política industrial, nos que demostrou que “nin toma decisións nin ten compromiso co sector” e que se limita a facer anuncios baleiros. Logo de 10 anos, dixo, o resultado é un sector industrial “debilitado, con menos pulo e dinamismo” e coa maior caída do Estado no Índice de Produción Industrial.

Puxo como exemplo a crise de Alcoa, cun goberno central dirixido por Pedro Sánchez apoiando aos traballadores ata acadar unha solución e un Feijóo centrado en “poñer paus nas rodas”. Resumiu que “cun goberno socialista aos traballadores vailles ben, mentres co PP a campaña de márketing e promoción persoal de Feijóo implica inacción e incapacidade na política industrial”.

Explicou que mentres o goberno central buscaba un comprador para a planta de A Coruña, como se coñeceu a pasada semana, o goberno galego limitábase a entorpecer “primeiro dicindo que non había inversores, e dando por definitivo o peche das plantas”.

A pesares da deslealdade e falla de colaboración institucional, dixo, o goberno de Sánchez “deu cunha solución positiva que garante emprego durante 2 anos polo menos e permite poñer o contador a cero para desenvolver a actividade industrial”.

Reyes Maroto

A ministra de Industria en funcións, Reyes Maroto, alertou hoxe sobre a “gran contradicción” de Feijóo, que esixe que sexa aprobado o estatuto do consumidor electrointensivo, e que despois impide paralizando a constitución do novo goberno. Advertiu que “se se bloquea a formación de goberno estase bloqueando o Estatuto do Consumidor Electrointensivo”.

Reclamoulle “lealdade institucional” ao goberno galego para que as administracións “traballemos xuntas para conseguir a reindustrialización de Galicia” logo de que o goberno presidido por Pedro Sánchez “puxera en marcha unha política industrial activa”. Esta permitiu, explicou, que a semana pasada adxudicáramos 8 proxectos industriais por máis de 24 millóns de euros.

Esixiulle ao presidente da Xunta que estea “á altura do que España necesita” e que “reflexione” sobre “a contradición entre pedirnos o estatuto e non pedirlle ao PP que desbloquee a investidura por exemplo coa súa abstención”.

Afeoulle ademais a frialdade coa que acolleron a venta da planta de Alcoa de A Coruña a Parter “cando foron parte activa da Mesa de Seguimento” da situación desta empresa constituída polo goberno central. Explicou que “foron meses de moito traballo, moita angustia, para conseguir que as familias teñan a certeza da continuidade dun proxecto no que seguiremos traballando”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08