Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero acusa a Feijóo de “poñer á Xunta ao servizo da estratexia de confrontación de Pablo Casado

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, acusou hoxe ao presidente da Xunta de “poñer á Xunta a disposición da estratexia de confrontación de Pablo Casado e Álvarez de Toledo contra o goberno de Pedro Sánchez”. Logo dun encontro de alcaldes e responsables socialistas de Ortegal, Caballero sinalou que o “alarmismo” e “irresponsabilidade” demostrados por Feijóo son “indignos de quen ten a obriga de gobernar Galicia”.

Caballero censurou o “uso partidista” das institucións autonómicas por parte do presidente da Xunta, que “quere facer méritos diante de Casado poñendo ao goberno galego a disposición dunha estratexia de conflito inaceptable”. Despois de ter perdido peso político no seu partido, dixo, Feijóo quere recuperar posicións poñendo ao Executivo ao servizo da estratexia electoral dun PP ao que “non lle dan as contas”

Advertiu neste sentido que “as galegas e os galegos non podemos permitir que o presidente da Xunta xogue coas institucións e con Galicia en función dos intereses partidistas do PP”, situado nunha “fuxida desesperada cara adiante pàra intentar remontar o escenario electoral”.

Apuntou así que as declaracións dos últimos días por parte dos representantes do goberno galego, poñendo en dúbida a viabilidade financeira do goberno galego, “chegan a un nivel de alarmismo e irresponsabilidade inaceptables para quen ten competencias de gobernar Galicia”.

Lembrou que o presidente da Xunta “manexa uns orzamentos de 9.800 millóns de euros anuais”, e que foi el quen “disparou a débeda pública ata máximos históricos, preto de 12.000 millóns de euros” en apenas 10 anos.

Xogo de trileros

Criticou o “xogo de trileros políticos” no que o presidente do goberno quere converter á Administración autonómica. Advertiu así que “non podemos consentir que xogue cos salarios dos funcionarios e co pago a provedores en función dos intereses de Casado e de Álvarez de Toledo”.

Subliñou que “os orzamentos deste ano son superiores aos de anos anteriores, nos que si que houbo recursos para o pago a provedores e para as nóminas dos funcionarios”. “Merecemos un goberno da Xunta capaz de gobernar e de xestionar os recursos propios con dignidade”, remachou.

O líder dos socialistas galegos fixo estas declaracións no día de hoxe, que comezou en cun encontro político cos alcaldes de Cedeira, Ortigueira e Cerdido, Pablo Moreda, Juan Penabad e Benigno Galego, no que tamén participaron o vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena, e o coordinador socialista da comarca, Marcial Blanco, antes de visitar a XVIII Festa do Percebe de Cedeira.

A xornada rematou en Cuntis, onde Caballero interveu nun encontro socialista no que tamén interviñeron o alcalde da localidade, Manuel Campos, e o europarlamentario galego Nicolás González Casares.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04