Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero insta á Xunta a “despregar todas as medidas” nos eidos laboral, industrial e medioambiental para frear a “chantaxe” de Alcoa

O secretario xeral subliña que o ERE “non pode ser aceptado” porque a multinacional “actuou de mala fe” e apela a “unha fronte común” entre a Xunta e o Estado para obrigar a Alcoa a vender

Teo (A Coruña), 15 de outubro de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, instou hoxe á Xunta a “despregar todas as medidas” nos eidos laboral, industrial e medioambiental, todos eles competencia estatutaria do goberno galego, para frear a “chantaxe” de Alcoa e manter a actividade industrial e o emprego na planta de San Cibrao.

En declaracións aos medios antes de intervir no 5º Congreso da Federación de Industria, Construción e Agro (FICA) de UGT-Galicia, Gonzalo Caballero fixo alusión á xuntanza do comité de empresa de Alcoa San Cibrao coa Inspección de Traballo e fixo fincapé en que “a Xunta ten que rexeitar o ERE” presentado pola multinacional.

“A Xunta ten que rexeitar o ERE e presentar a Alcoa un programa de esixencias claras en materia medioambiental”, remarcou o líder do PSdeG, consciente de que ese calendario de despidos “non pode ser aceptado” porque a multinacional “actuou de mala fe” segundo a lexislación mercantil durante o proceso de negociación para a venda da planta da Mariña.

Por tanto, explicou, a autoridade laboral, en mans da Xunta, ten que utilizar ese argumento para inviabilizar o ERE e impedir así a paralización das cubas. A partir de aí, afondou, Xunta e Goberno teñen que “traballar conxuntamente” para impedir a marcha de Alcoa da planta lucense.

“Alcoa ten que ter en fronte a todo o Estado, que lle ten que facer saber que a súa decisión de retirada, que é unha chantaxe, vai ser paralizada polos tribunais e terá un custe económico”, detallou Gonzalo Caballero, apelando así a unha “fronte común” entre a Xunta e o Goberno para obrigar á empresa a vender no canto de afrontar sancións e a devolución dos centos de millóns de euros en axudas públicas que recibiu.

Sobre todo, como dixo, cando o Goberno xa interveu a través da SEPI, abrindo as portas a mercar a factoría de San Cibrao, co que, posteriormente, formalizaría a venda da planta a Liberty House, un investidor que ten “un proxecto viable” e que é “a mellor garantía do mantemento da actividade industrial e o emprego na Mariña”.

Ao fío disto, a preguntas dos xornalistas, o máximo dirixente do PSdeG valorou que tanto o nacionalismo como o PP asumiran no Congreso dos Deputados que “o Goberno de España está na liña de acción correcta” e que abandonaran a confrontación e outro tipo de vías erradas. “É tempo de respostas serias e rigorosas máis alá de titulares sen concreción”, resolveu.

POLÍTICA INDUSTRIAL

Ademais, na apertura do congreso de FICA-UGT, Gonzalo Caballero subliñou que “compartimos o compromiso de traballar en defensa dos dereitos dos traballadores”, máxime nunha crise “de tanta envergadura”. “A nosa folla de traballo é unha saída da crise que defenda os traballadores e que non deixe a ninguén atrás”, destacou.

Ademais, no Día Internacional das Mulleres Rurais, chamou a “tomar medidas” por parte de todos os gobernos para “acompañar” e “respaldar” a labor das mulleres das pequenas vilas e pobos. “Galicia necesita ese compromiso”, finalizou.

SITUACIÓN DE OURENSE

Por outra banda, cuestionado polos xornalistas sobre a situación que vive Ourense, o secretario xeral responsabilizou ao PP do “caos” na terceira cidade de Galicia debido ao seu pacto de goberno con DO. “É o maior fracaso municipal de España e leva as súas siglas”, recordou, ao tempo que indicou que o PSdeG está traballando “con rigor” e mantendo “vías de diálogo” con todas as forzas políticas.

Canto ao PP, chamou a que “poña un voto, unha firma” dun dos seus concelleiros para proporcionar “un apoio de carácter técnico” a unha moción de censura que propicie que a alcaldía recaia na forza máis votada en Ourense nas últimas eleccións municipais.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41