Categorías: Actualidade

A Xunta debe deixar de estigmatizar á mocidade e encetar campañas de sensibilización para fomentar unha actitude responsable fronte á covid

A portavoz de Mocidade do Grupo Socialista, Paloma Castro, reclamou hoxe “campañas de sensibilización” para acadar unha actitude responsable fronte á covid “no lugar de sinalar e culpabilizar á mocidade”. A responsable socialista anunciou unha serie de iniciativas parlamentarias nas que lle replica ao presidente da Xunta reclamándolle que “deixe de estigmatizar á mocidade e asuma os erros na xestión da pandemia”.

Castro apunta que “entendemos e compartimos a chamada á responsabilidade da poboación como unha das medidas fundamentais para frear os contaxios, pero condenamos a estigmatización”, que ademais “non se sustenta nos datos que achegan as universidades públicas galegas”. Nestes momentos a Universidade da Coruña ten 8 positivos e hai detectado un brote na de Vigo, mentres Santiago conta con 20 positivos e Lugo outros 3 acumulados nunha semana.

A responsable socialista sinala que “as propias universidades denuncian que se culpe ao seu alumnado o empeoramento das cifras xerais nas cidades a causa de facer unha lectura equivocada dos datos de incidencia real”. Apunta que “por áreas sanitarias, a de Ourense, Verín e O Barco continúa sendo a que detecta máis novos positivos diarios por covid-19”.

Sinala que “Feijóo leva dende o inicio da pandemia delegando responsabilidades, xa que no mes de marzo foi o Goberno central, e durante o verán os concellos, para agora pasar a sinalar á mocidade” e pregunta “para cando a sunción de erros e a responsabilidade por unha deficiente xestión”.

Axudas

Neste sentido, no lugar de sinalar á mocidade universitaria, a portavoz de Universidade do Grupo Socialista, Noa Díaz, reclámalle ao goberno galego que convoque unha liña de axudas provisionais para aquel alumnado universitario que ten alugada unha vivenda pero que non vai facer uso dela durante o tempo que determinen as universidades a configuración non presencial dos estudos.

Díaz sinala as “graves dificultades para sufragar os gastos de desprazamento ou vivenda” para as familias con fillos que estean cursando estudos universitarios. Lembra que a Xunta de Galicia “convoca cada ano unha liña de axudas destinadas ao alumnado do Sistema Universitario Galego que teña dificultades económicas por causas imprevistas”. Sen embargo, esta liña de axudas, que se pechou en xullo, “non inclúe a situación excepcional da covid-19”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08