Categorías: Actualidade

O PP rexeita a proposta socialista para paralizar e eximir da liquidación de taxas portuarias correspondentes ao estado de alarma

Patricia Otero insta a Portos de Galicia a realizar unha bonificación nas mesmas dende o final do estado de alarma ata final de ano

O PP vén de rexeitar unha iniciativa socialista para paralizar e eximir da liquidación de taxas portuarias correspondentes ao estado de alarma e realizar unha bonificación dende o final do estado de alarma ata final de ano para as entidades e empresas usuarias dos portos de titularidade autonómica. A iniciativa foi presentada pola portavoz de Pesca, Patricia Otero, na Comisión de Pesca que se celebrou hoxe.

A responsable socialista argumentou que as medidas de “flexibilización do pago das taxas portuarias”, consistentes en retrasar a emisión das novas taxas ata dous meses despois do estado de alarma, “é pan para hoxe e fame para mañá” xa que non “sirven para inxectar liquidez” e “trasladan o problema a un momento posterior”. Agora, lamenta, se están a enviar estas liquidacións de taxas pertencentes a períodos de tempo nos que os operadores portuarios ou ben “non estiveron a facturar, ou ben sufriron fortes caídas na súa facturación”.

Ademais, Otero laiouse de que Portos de Galicia esgrima que non se pode facer ningunha modificación na liquidación das taxas autonómicas, ao tempo que “outras comunidades si o fixeron, como Andalucía ou Cataluña”. Neste eido, considera que “é cuestión de vontade política decidir se se quere apoiar ao sector ou non”.

A socialista solicitou o “compromiso” co sector e lamentou que o PP, “tendo as ferramentas legais a súa disposición” para “axudar ao sector”, non o faga. Otero suliñou que é o intre de levar a cabo “medidas reais, nun momento compricado” e criticou que “o único afán de Portos de Galicia é plenamente recaudatorio”.

Finalmente, a responsable socialista recoñeceu o labor do sector pesqueiro quen estivo “en primeira liña” e “a pé de cañón” durante o estado de alarma para que non fallase o abastecemento dun produto de primeira necesidade como o peixe.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08