Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero esixe ao PP lealdade para 2021: “Feijóo poñía zancadillas inútiles cando confrontaba co goberno e dicía que non habería vacina ata o segundo trimestre de 2021”

O líder dos socialista galegos lembra que en novembro Feijóo tildaba a chegada da vacina en Nadal de “anuncios altisonantes” e acúsao de seguir a estratexia de Casado para “intentar desgastar ao goberno dende a deslealdade”

O portavoz do Grupo Socialista, Gonzalo Caballero, esixiulle hoxe ao presidente da Xunta que “deixe de poñer zancadillas” ao goberno de España fronte á “crise sanitaria máis grave e económica de máis envergadura”. O líder dos socialistas galegos censurou que o presidente da Xunta se teña adherido á estratexia de Casado de “intentar desgastar ao goberno dende a deslealdade”.

Lembrou que hai apenas seis semanas Feijóo cualificaba como “anuncios altisonantes e non prudentes” a previsión do inicio da campaña de vacinación no Nadal e apuntaba que a vacinación sería no segundo trimestre do ano. Incluso cando o goberno de España xa anunciara os acordos con Pfizer, Feijóo seguiu xogando na unilateralidade e o 13 de decembro apuntaba que a campaña de vacinación sería na segunda semana de xaneiro. Dixo que “a vacina xa chegou”, pero Feijóo intenta “limitar os avances que se conseguen entre todos, liderados polo goberno de España” ao tempo que intenta “colocarse medallas”.

O secretario xeral do PSdeG situaba na mesma liña á parlamentaria galega do PP no Congreso, Ana Pastor, cando en setembro tuiteaba que o goberno de España “xoga coa esperanza” ao sinalar que a vacina chegaría a finais deste ano. Lonxe de rectificar, sinalou que esta mesma fin de semana seguía falando da responsabilidade do goberno de España “cando o que debera é desculparse”.

Emprazou ao líder do PP galego a “abandonar a política da confrontación, subliminal ou directa”. Logo de evidenciar que “erraron o PP e tamén Feijóo na campaña de descrédito fronte ao ministro de Sanidade”, reclamoulles que comezan “recoñecer o esforzo feito entre todos co liderado do goberno de España” e “colaborar na saída da crise con lealdade”.

O líder dos socialistas galegos recoñeceu os avances acadados “polo esforzo feito entre todos” centrado no traballo dende as institucións comunitarias e no respaldo ao traballo científico para conseguir a chegada da vacina en tempo récord e para acadar un investimento fundamental para superar a crise grazas tamén a fondos comunitarios

Man tendida

Gonzalo Caballero reiterou hoxe a súa oferta de “man tendida” a PP e BNG para “marcar as grandes liñas de acción na defensa do sector público e do Estado do Benestar, na loita contra a desigualdade e para afrontar a reactivación e a recuperación económica que manteña o tecido produtivo e defenda o emprego” na crise económica provocada polo coronavirus.

Preguntado polos posibles acordos na Comisión de Reactivación Económica, lembrou que PP e BNG acordaron que a Comisión tivera un prazo breve, o que deixou fóra posibles comparecencias de distintos axentes e expertes sociais e económicos que poderían facer aportacións de interese, malia que o propio PP decidiu habilitar unilateralmente unha nova sesión para unha segunda comparecencia do vicepresidente económico do goberno.

Criticou que ata o momento nin o PP nin o goberno galego levantaron o teléfono para compartir aqueles 108 supostos proxectos que a Xunta quere presentar para optar aos fondos europeos, e que “o PP non falou con nós para acadar acordos parlamentarios, nin para presentar os grandes proxectos para a recuperación económica, e tampouco falou cos concellos de Galicia para comezar a traballar na recuperación e a reconstrución”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41