Categorías: Actualidade

Noa Díaz reclámalle á Xunta que repoña as paradas de bus escolar do CEIP Felipe Castro de Noia na Praza Marqués de Monroy e na Rúa Vizconde de San Alberto

A parlamentaria socialista Noa Díaz reclamoulle hoxe ao goberno galego que repoña as dúas paradas do bus escolar do CEIP Felipe Castro de Noia que vén de suprimir en plena pandemia. Díaz presentou unha pregunta oral na Comisión de Educación sobre a supresión das paradas de ida na Praza Marqués de Monroy e de volta na rúa Vizconde San Alberto, na liña 3 do transporte escolar desta vila.

Díaz afeoulle á Xunta a supresión destas paradas “cando existen prazas vacantes no autobús e, ademais, en absoluto supoñen un desvío na ruta do transporte”. Reclamoulle ao goberno galego que atenda a demanda das familias precisamente nun ano no que “se trataba de dar respostas e solucionarlles os problemas, evitando complicarlles as cousas aínda máis”.

A parlamentaria socialista sinala que, malia que estas paradas non formaban parte da planificación oficial, si que se estaban a realizar de maneira excepcional dende hai anos. Puntualizou que ademais a Consellería de Educación “autoriza estas paradas ou casos excepcionais nas instrucións recollidas no protocolo covid – 19, publicado o 31 de agosto”.

Noa Díaz sinala que o acceso ao centro “é complicado, xa que presenta unha costa moi empinada que dificulta que as persoas maiores acheguen ao alumnado, o que se agrava máis se temos en conta a obriga de empregar máscara de protección”.

Considera “ilóxico que en tempos de pandemia, a Consellería de Educación decida aplicar a normativa da maneira máis restritiva posible e anule determinadas paradas que sen dúbida lle facilitaban a vida ás familias”. A normativa do servizo de transporte escolar limítao ao alumnado que viva a máis de 2 quilómetros do centro educativo, se ben “existen moitas novas necesidades que merecerían unha revisión pausada das rutas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41