Categorías: Actualidade

A TVG actúa como arma de manipulación masiva

O parlamentario socialista Julio Torrado acusou hoxe ao responsable da CRTVG de empregar o medio público como “arma de manipulación masiva” e mesmo como “bazooka intoxicador de noticias”. Así o dixo no debate dunha pregunta oral sobre a decisión da TVG de deixar sen atender á presentación da incorporación do románico da Ribeira Saca luguesa á Ruta transrománica europea, por parte da Deputación de Lugo.

O responsable socialista criticou que o ente público decidira suprimir das previsións informativas unha cobertura positiva para a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade da Unesco, simplemente porque corría a conta do presidente da Deputación, o socialista José Tomé. Sinalou que “semella que o feito de ser dirixentes ou persoas do PSdeG fixera máis difícil que a TVG cubrira novas que poden ser boas para o conxunto da cidadanía”.

Así o confirmou o propio director xeral da CRTVG, cando comparou os datos de cobertura da Deputación de Ourense e a de Lugo, con 34 pezas fronte a 25 entre xaneiro e finais novembro, o que evidencia que o ente ourensá tivo un 40 por cento máis de atención da TVG que o de Lugo. Sinalou que “sorprende que teñan a ben cubrir cada suspiro, cada chiscar de ollos, cada cambio de garabata do presidente da Xunta ou da Deputación de Ourense”.

Engadiu que “non cobren cada incorporación laboral” á Deputación de Ourense porque “se non terían que facer unha árbore xenealóxica, pero en calquera caso a comparativa entre as deputacións provinciais é sorprendente”. Advertiu que “sempre coincide” que as prioridades informativas do día prexudican aos representantes socialistas, ao contrario de cando se trata de representantes do PP.

Algo semellante coa presentación dos Orzamentos da Deputación de Lugo, que a TVG obviou mentres á mesma hora estaban recollendo declaracións do portavoz do PP na porta do Pazo de San Marcos sobre a disolución de Suplusa. Reclamoulle ao responsable da CRTVG que explique “por que os responsables de contidos nunca consideran importante” a información en función da posición política da persoa.

Torrado lembrou que o próximo venres, primeiro día de ano, será o “venres negro” número 137, no que os traballadores protestan pola falla de obxectividade e contra a manipulación política dos servizos informativos. Sinalou que malia que o director xeral do ente afirme que pechan o ano “razoablemente estable no plano laboral” en realidade “a CRTVG é estable pero no negativo” e chamou a “ter en conta tamén a dignidade do medio público e da profesión xornalística”.

Lingua

Por outra banda, a parlamentaria socialista Noa Díaz presentou unha pregunta oral sobre a decisión da Radio Galega de facerlle unha entrevista en rigoroso castelán ao ex alcalde de A Coruña, Francisco Vázquez. Díaz sinalou que a situación “non é comprensible”, resulta “inadmisible” e “significa, para a actual dirección da CRTVG, promover a diglosia” vulnerando o marco normativo e os principios fundacionais do ente.

Lembrou que un dos principios da Corporación é precisamente “a promoción e difusión da cultura e lingua galegas, así como a defensa da entidade de Galicia”. Explicou ademais que malia que a entrevista fora realizada con motivo da véspera da celebración da Constitución Española, en realidade “toda a conversa xirou en torno ao Goberno de coalición do Estado”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08