Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero en Lugo: “Quero trasladar o meu compromiso persoal e político con esta cidade para cando haxa un goberno progresista na Xunta”

O secretario xeral critica que “Feijóo non cumpriu con Lugo” e denuncia que “meteu nun caixón os grandes proxectos” da cidade, como a Ronda Leste, o Museo da Romanización ou o Plan Paradai

Lugo, 29 de novembro de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou hoxe Lugo en compañía da alcaldesa, Lara Méndez, para criticar que “Feijóo non cumpriu” coa cidade á vista de que “meteu nun caixón os grandes proxectos” pendentes, como a Ronda Leste, o Museo da Romanización ou o Plan Paradai.“Nós queremos trasladar o noso compromiso con esta cidade, queremos dicirlle aos veciños de Lugo que no PSOE teñen un aliado”, proclamou o líder dos socialistas galegos, quen avanzou que o vindeiro goberno progresista da Xunta amosará “un claro compromiso con esta cidade”.

“Eu quero trasladar o meu compromiso firme, persoal e político, con esta cidade”, asegurou Gonzalo Caballero, consciente de que Lugo “é unha cidade de referencia para a Galicia do futuro, e de que toda a provincia de Lugo necesita que a capital da provincia teña forza, impulso e vitalidade”.

Para iso, o máximo dirixente do PSdeG sinalou que “necesítase o respaldo de todas as administracións públicas” e, tras poñer en valor o “pulo” do concello con Lara Méndez á fronte, reprochou á Xunta “ter atrancado os grandes compromisos” con Lugo, impedindo así que os veciños “poidan vivir nunha cidade cada vez máis cómoda, cada vez máis urbanizada e con máis servizos sociais”.

“Preocúpanos moito que Feijóo non queira cumprir con esta cidade, que desprece aos lucenses cando non cumpre os seus propios compromisos e que prefira xogar á confusión co Museo da Romanización, que é unha demanda histórica desta cidade”, evidenciou o líder socialista, consciente de que “cando gobernaba Rajoy, Feijóo non dixo nada do cuartel de San Fernando nin propuxo facer ningún Parador”.

Díxoo precisamente no barrio de Paradai, que utilizou a xeito de exemplo da “falla de compromiso da Xunta”, sen concluír dende hai vinte anos. “Lugo vai estar na nosa axenda de traballo“, garantiu o candidato socialista á Presidencia da Xunta, consciente de que as contías en cuestión son “plenamente asumibles se hai vontade política e compromiso coa cidade”.

Así é que, ante membros do PSdeG en Lugo e do presidente da Federación de Asociacións Veciñais da cidade, Gonzalo Caballero reclamou a Feijóo que “rectifique” e que “se comprometa co Museo da Romanización, que o dote de acordo aos plans que hai, e que cumpra con esta cidade”.

“FALLA DE COMPROMISO DA XUNTA”

Pola súa banda, a alcaldesa de Lugo lamentou a “falla de compromiso da Xunta” con esta cidade, pois “non pode ser que un plan iniciado hai máis de 20 anos estea aínda inconcluso”.

Con todo, incidiu en que o Plan Paradai “é un máis dos incumprimentos da Xunta” con Lugo, e citou tamén que o Auditorio está sen recepcionar tras 15 anos, que a Ronda Leste segue sen materializarse 13 anos despois e que “non se sabe nada” do futuro museo que albergará o Cuartel de San Fernando. “E un longo etcétera de plans iniciados e de promesas sen cumprir”, resumiu.

Por tanto, remarcou Lara Méndez, “as palabras do PP e de Feijóo xa non valen nada”. “Nin sequera as firmas, porque asinan os protocolo e os convenios e despois non os conclúen”, agregou, ao tempo que criticou que nin o DOG “ten valor”: “o proxecto para o Cuartel de San Fernando, a pesar de estar comprometido e publicado no DOG no ano 2012, a día de hoxe non finalizou“.

Fronte a isto, a rexedora agradeceu a Gonzalo Caballero a súa presencia en Lugo e “o seu compromiso coa cidade” Ademais, tomou a palabra José Manuel Carballo, portavoz da Asociación de Veciños Porta de Lugo, quen urxiu á Xunta “que se poña a traballar, que levamos 20 anos de espera, e isto é inaguantable”. “É unha tomadura de pelo aos veciños e non o podemos permitir xa por máis tempo. Que a Xunta traballe e que deixe de contarnos contos, que non cremos xa nas mentiras”, finalizou.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41