Categorías: Actualidade

A Xunta impón unha Lei de Seca “coercitiva” baseada na “desconfianza e a tutela” cos concellos

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Luis Álvarez, acusou hoxe ao goberno galego de impoñer unha Lei de Seca “coercitiva” que nega a colaboración cos concellos a favor dunha relación e “tutela e desconfianza”. O responsable socialista explicou o voto en contra do Grupo a un texto que supón “a perda dunha oportunidade histórica” para elaborar un texto “con planificación e visión ampla”.

Álvarez advertiu que o texto nace con vocación de ser modificado de inmediato ao centrarse “máis en procedementos coercitivos que en fixar mecanismos de colaboración” coas entidades municipais. A norma entrará en vigor “sen compromiso orzamentario, transparencia nin planificación”, máis alá das sancións aos concellos polas perdas de máis do 20 por cento na rede de abastecemento, deixando un prazo “insuficiente” de 3 anos para reducir estas fugas.

O responsable socialista lamentou que unha Lei que “segue a ser necesaria”, sen embargo “non dará resposta ás necesidades e expectativas” ao centrarse na “desconfianza sistemática” as entidades locais ás que aboca a realizar obras adicionais sen abrir vías de financiamento nin axudas complementarias.

Álvarez criticou que mentres estreitan a presión sobre os concellos, o goberno galego se teña negado a pedirlle un informe anual sobre as obras de Augas de Galicia, máxime despois de ter demostrado unha capacidade de xestión “moi cuestionable” dos fondos comunitarios para obras hidráulicas. Entre 2016 e 2018, explicou, deixaron sen executar 111 millóns para investimentos dun total de 161 de previstos, investindo tan só 50 millóns cun “alto grao de opacidade”.

Escasa vontade de mellora

O parlamentario socialista explicou o cambio do sentido do voto dos socialistas galegos, que pasaron de absterse no debate de toma en consideración ao voto negativo de hoxe pola escasa vontade de mellorar o texto demostrada polo PP, que aprobou 14 das 45 emendas presentadas polos socialistas. Así, o PP negouse a remitirlle ao Parlamento o Plan de Seca de Galicia antes da súa aprobación, incluíndo o financiamento e marco temporal de execución.

Tampouco aceptaron facilitarlles achegas financeiras aos concellos para afrontar as obras que lles son obrigadas, e negáronse así mesmo a ampliar o prazo para reducir as perdas na rede, e mantiveron o gravame imposto polo goberno galego.

Luis Álvarez defendeu a auga como “elemento potenciador, dinamizador e de cohesión e desenvolvemento económico e social de Galicia”, e se trata dun medio que require dunha “gran delicadeza” máis alá de, dixo, “posturas negacionistas”. Apelou así á necesidade de modernizar as redes de abastecemento con axudas da administración e unha xestión que parta de “acordos supramunicipais e non imposicións”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04