Categorías: Uncategorized

Gonzalo Caballero e Adrián Barbón avanzan “traballo conxunto” nos problemas comúns de Galicia e Asturias

Os dous dirixentes socialistas avanzan “tarefa en común” en cuestións como o despoboamento e as infraestruturas e para “acadar un país mellor”

Santiago, 24 de xullo de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo hoxe en Santiago un encontro con Adrián Barbón, líder dos socialistas asturianos e presidente do Principado, e avanzaron “traballo conxunto” nos moitos problemas comúns das dúas comunidades.

“Despoboamento, envellecemento, dispersión”, citou Gonzalo Caballero, consciente tamén da importancia de que as comunidades no noroeste acheguen esforzos “para traballar polos avances sociais” e tamén polo desenvolvemento das infraestruturas.

Trátase, como dixo o máximo dirixente do PSdeG antes de trasladar os seus “parabéns” ao novo presidente asturiano, con quen estivo na súa toma de posesión, de “acadar un país mellor”.

Pola súa banda, Adrián Barbón agradeceu a recepción do líder dos socialistas galegos e chamou a colaborar para afrontar en conxunto “los muchos problemas comunes” de ambas comunidades autónomas. “Tenemos un importantísimo trabajo que hacer de cara al futuro”, apuntou.

“El reto demográfico, la transición ecológica, la despoblación que nos afecta de manera dramática, la reforma del sistema de financiación…”, enumerou, antes de poñer en valor o feito de “poder trabajar de la mano” por estas cuestións.

VALEDORA DO POBO

En paralelo, a preguntas dos xornalistas, Gonzalo Caballero criticou que Feijóo teña sido “cómplice do oscurantismo e das irregularidades” na institución do Valedor do Pobo durante máis dun ano, tralas sentenzas que invalidaron a contratación dunha familiar de altos dirixentes do PPdeG.

“Tivemos que facer unha presión continua para conseguir o cese efectivo da valedora”, subliñou o líder dos socialistas galegos, ao tempo que asegurou que o PSdeG “non obstaculizará” a renovación dunha institución pública que necesita “abrir unha etapa de rexeneración” tras esta etapa de “corrupción e ilegalidade”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41