Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero: “A caída da Valedora é a vitoria da presión pola rexeneración fronte ao enchufismo que Feijóo amparou pese as sentenzas”

O secretario xeral sinala que Feijóo “empeza a toparse cunha Galicia na que o PSdeG marca a axenda política e na que ten que asumir a limpeza nas institucións”

Santiago, 23 de xullo de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, destacou hoxe que “a caída da Valedora do Pobo é a vitoria da presión pola limpeza e a rexeneración fronte á ilegalidade e o enchufismo que Feijóo amparou durante un ano a pesares das sentenzas” do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e do Supremo.

En concreto, a xustiza ditaminou o ano pasado, e ratificouse niso o mes de marzo, que Milagros Otero cometeu desviación de poder para contratar a unha sobriña de Fraga para un alto cargo na institución do Valedor do Pobo.

Durante todo este tempo, como sinalou Gonzalo Caballero, Feijóo estivo “amparando” a Milagros Otero para seguir á fronte dun organismo que ten que ser “sinónimo de limpeza pública e transparencia”. Por tanto, concluíu, “Feijóo e o PP foron cómplices” da situación, causada por “unha decisión arbitraria, irregular e ilegal”.

“Cando acudín ao Parlamento para acreditarme coma deputado, indiqueille a Feijóo que tiña que mover ficha e cesar á Valedora”, recordou o líder dos socialistas galegos, consciente de que a institución estaba a verse “empanada pola sombra da corrupción”.

“Feijóo empeza a toparse cunha Galicia na que o PSdeG o vai controlar e lle vai marcar a axenda política, e na que ten que asumir as pautas de limpeza a rexeneración que reclama a sociedade galega”, recalcou Gonzalo Caballero, toda vez que as sentenzas sobre a contratación irregular dunha sobriña de Fraga situaban á Valedora do Pobo nunha situación “insostible”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28