Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Gonzalo Caballero destaca que o recurso do fallo de Meirás amosa “o compromiso do Goberno co resarcimento da memoria e a loita contra os privilexios dos Franco”

O líder do PSdeG defende que o uso fundamental do pazo sexa a memoria democrática e advirte ao PP de que “non tente branquear o franquismo” desvirtuando o fin principal
O secretario xeral critica que Feijóo rexeite reunirse coa oposición cando “saír con máis forza” desta crise require “buscar sinerxias no arco parlamentario e coa sociedade civil”

Santiago, 10 de marzo de 2021. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, amosou hoxe a súa satisfacción pola decisión do goberno de España de presentar recurso de casación en relación ao Pazo de Meirás. “Sempre trasladamos que a nosa posición é que non queremos pagar nin un só euro aos Franco”, subliñou o líder socialista.

Coa vista posta no proceso xudicial, Gonzalo Caballero deu conta de que, como pediu o PSdeG, a Secretaría de Estado de Memoria Democrática explorou “todas as vías legais” para impulsar un recurso que se presentará no último momento, como é usual, para “non dar pistas” aos Franco. Con todo, non ocultou que o procedemento “ten complexidades” xurídicas.

Iso si, a decisión de recurrir, como recalcou o máximo dirixente do PSdeG en compañía dos seus vicevoceiros Pablo Arangüena e Paloma Castro, evidencia que o de Pedro Sánchez é “o goberno máis comprometido co resarcimento da memoria democrática e coa loita contra os privilexios herdados pola familia Franco”.

“Ninguén pode dubidalo”, enfatizou Gonzalo Caballero, á vista da “retirada do ditador do Val dos Caídos, a loita por acadar para o público o Pazo de Meirás ou os traballos de recuperación da memoria”. “E agora esperamos non ter que pagar nin un só euro aos Franco”, concluíu.

Ademais, con respecto aos usos que debe ter o Pazo de Meirás, o responsable socialista criticou “o paripé” da Xunta “de poñerse coa boca pequena detrás do goberno de España” pola recuperación mentres rexeita que sirva para fomentar a memoria democrática. “Que non tente branquear o franquismo”, advertiu.

XUNTANZA CON FEIJÓO

Por outra banda, Gonzalo Caballero recriminou a Feijóo que “recuase” onte no seu compromiso de manter un encontro cos grupos da oposición para traballar pola reconstrución de Galicia.

“Erra”, sinalou, “porque é momento de compartir plantexamentos para saír desta crise con máis forza”. De feito, o líder do PSdeG indicou que a situación require “buscar sinerxias no arco parlamentario e coa sociedade civil” para traballar na modernización de Galicia, para falar da creación de emprego e para loitar contra a desigualdade que deixa a pandemia.

Fixo fincapé no feito de que nos máis de seis meses que pasaron dende que Feijóo formou goberno, o presidente do executivo estatal, Pedro Sánchez, mantivo xa varias xuntanzas coa oposición.

Ademais, Gonzalo Caballero chamou a Feijóo a “rectificar” e poñer a traballar a comisión de reconstrución coa que Feijóo “tenta excusar a súa falla de vontade de acordo”. “A comisión leva meses inactiva”, recordou.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Apunta que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol “evidencian que a sanidade galega é…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00