Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba a proposta socialista para pedirlle á Xunta e ao Estado que recorran a sentenza de Meirás no relativo aos pagos aos Franco

Pablo Arangüena chama a “esgotar tódalas posibilidades xurídicas” por unha “cuestión ética, política e democrática”
Acusa ao PP de “usar a coartada de Emilia Pardo Bazán” para “diluír a Memoria Democrática” nos usos futuros do Pazo

O Pleno do Parlamento aprobou hoxe unha transacción entre dúas propostas do Grupo Socialista e do BNG para pedirlle á Xunta e ao Estado que recorran a sentenza de Meirás no que abrangue ás liquidacións para a familia do ditador. O responsable de Política Institucional do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, chamou a “esgotar tódalas posibilidades xurídicas” por unha “cuestión ética, política e democrática”.

Recoñeceu que a decisión vai “máis alá de cuestións técnicas” por canto a sentenza da a razón “no principal” e traslada a titularidade ao Estado, pero modifica a prestación de gastos á familia dende o 75 “recoñecendo a posesión sen mala fe” por parte dos herdeiros.

Puntualizou que se trata dun recurso “difícil” por canto mesmo no caso de constatarse mala fe terían que ser pagados os gastos necesarios, xa que o Código Civil obriga a abonar sempre estes gastos, que “en todo caso terían que acreditarse un por un”.

O responsable socialista chamou a “celebrar” unha sentenza “histórica” obtida “grazas á vontade política dun goberno progresista” que permitiu recuperar o Pazo, o que “ninguén podía anticipar hai dous anos”. Sinalou que “se fora por Feijóo tampouco teríamos recuperado o Pazo e os Franco estarían tranquilamente sentados” nas dependencias do inmoble.

Arangüena reclamáballe á Xunta, na proposta orixinal, que promovera e defendera o uso prioritario e principal asociado á “reivindicación, estudo e difusión da memoria democrática, sen prexuízo doutros”. Este apartado tivo que ser retirado para acadar un acordo unánime, pero antes acusou ao PP de “usar a coartada de Emilia Pardo Bazán para diluír a Memoria Democrática”.

Retrucoulle ademais á demanda do PP de “ser xustos” presentando unha imaxe histórica do fundador daquel partido, Manuel Fraga, vestido co uniforme da Falange e facendo o saúdo fascista. Puntualizou que “cada un ven de onde ven, e mentres moitos socialistas eran fusilados e represaliados, o fundador do seu partido militaba” na organización do ditador.

Recoñecemento

O Grupo Socialista recoñeceu explicitamente o traballo de “todos os que colaboraron e puxeron o seu grao de area” para conseguir unha conclusión histórica respecto da titularidade do inmoble grazas á demanda presentada polo goberno de España. Sinalou que “afirmar que a sentenza da Audiencia Provincial branquea o franquismo é un disparate e unha expresión propia da máis pura demagoxia”.

Replicoulle neste sentido ao BNG, alertando de facer “reflexións manifestamente incorrectas” respecto da sentenza ao decidir “retorcer o argumento para sacalo de contexto”, e apelou ao artigo publicado polo catedrático de Dereito e ex militante do BNG Carlos Amoedo, defendendo a actuación da Avogacía do Estado e a sentenza, chamando a evitar consideracións non xurídicas.

Puntualizou así que ao falar de “boa ou mala fe” con relación á sentenza “non quere dicir que os Franco sexan boas ou malas persoas, senón que fala de que os herdeiros souberan que o ben se obtivera de forma fraudulenta. Apuntou que “é un concepto xurídico, non ético, nin moral, nin político”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento acorda como resolución

Apoiar e demandar que a Administración Xeral do Estado, así como a Xunta de Galicia, interpoñan os recursos oportunos contra da sentenza 60/2021, de 12 de febreiro, da Audiencia Provincial de A Coruña, no relativo á condición e liquidación posesoria de boa fe, así como, no seu caso, ao personamento como partes recorridas en defensa dos restantes pronunciamentos da parte dispositiva da sentenza. Todo isto en concordancia co acordo do Pleno do Parlamento de 11 de xullo de 2018, a prol da recuperación do Pazo de Meirás para o patrimonio público e de que a mesma non supoña un novo custo para o pobo galego, evitando que os herdeiros do espolio obteñan ningún beneficio económico do mesmo”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32