Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero denuncia que Galicia está “á cola de España” en rastrexadores e axudas directas á hostalería: “Feijóo ten que rectificar esas dúas grandes eivas”

O voceiro socialista chama a atención sobre a negativa da Xunta a intervir unha residencia privada de Mos, cuns 150 contaxios: “Hai que reforzar a atención aos nosos maiores”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, denunciou hoxe que Galicia está “á cola de España” tanto en número de rastrexadores como de axudas directas aos sectores máis afectados pola pandemia.

“Fai falla unha resposta eficaz e suficiente dende a Xunta”, recalcou Gonzalo Caballero, para recordar a renglón seguido que Feijóo comezou anunciando 6.152 rastrexadores que logo reduciu ata 700, mentres o seu conselleiro de Sanidade segue negándose a facilitar os datos.

Ademais, apuntou que os datos do Instituto Carlos III reflicten que en Galicia se descoñece a orixe de “dous de cada tres positivos”, co que non se pode conter a propagación do virus. “Estamos cunha política de rastrexo errática e desnortada”, sentenciou o máximo dirixente socialista.

Outra “eiva” na que Feijóo ten que “rectificar”, profundou, é no relativo ás axudas directas aos sectores máis afectados polas restricións. “Aínda non hai un só negocio en Galicia que recibira un euro a pesares de que Feijóo pechou a hostalería en 60 concellos hai vinte días”, censurou Gonzalo Caballero.

Así mesmo, o secretario xeral contrastou os 16 millóns de euros comprometidos por Feijóo para unhas axudas que aínda non se materializaron cos 40 millóns de euros consignados por Euskadi para o mesmo fin ou os 30 millóns da Rexión de Murcia. “Fai falla un plan de maior dimensión, porque a hostalería está afogada”, evidenciou.

RESIDENCIA DE MOS

En paralelo, o líder do PSdeG puxo o foco no contaxio masivo na residencia de Mos, onde se rexistraron uns 150 positivos por covid nas últimas xornadas.

“É algo que non se pode consentir”, recalcou Gonzalo Caballero, quen fixo unha chamada á Xunta para tomar todas as decisións necesarias neste centro e para tomar medidas encamiñadas a “reforzar a atención aos nosos maiores”.

Do mesmo xeito, o voceiro socialista no Parlamento de Galicia reclamou unha vez máis cambios no protocolo fronte aos contaxios en residencias, consciente de que o elevado número de casos require “unha nova política”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21

Besteiro ve “con moita alarma” o descontrol que o Consello de Contas está detectando na contabilidade do Sergas

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o potencial da industria galega durante a súa visita a TMC Cancela, unha empresa…

07/05/2024 16:05

Besteiro empregará a sesión de control para comprobar o compromiso de Rueda coa rexeneración democrática “ou se opta pola confrontación, a mentira e a crispación”

Elena Espinosa critica a “devaluación as políticas de igualdade” ao dividilas en dúas direccións xerais e acusa ao PP de…

07/05/2024 14:33

Carmen Dacosta censura que a única prevención de incendios da Xunta sexa “facer a danza da chuvia e encomendarse a manitú”

Alerta da falla de tarefas de prevención nos montes, que “se cargan de biomasa sen que a Xunta faga nada…

07/05/2024 14:31

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta axudas específicas á viticultura tradicional da Ribeira Sacra

Lara Méndez reivindicou durante unha visita a unha adega da denominación de orixe “unha maior implicación” por parte do Goberno…

06/05/2024 16:20