Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista urxe á Xunta a desbloquear a parcelaria de Dodro – Laíño II

O portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista, Martín Seco, visitou hoxe o Concello de Dodro, onde mantivo un encontro co seu alcalde, o socialista Xabier Castro, no que tamén estivo a parlamentaria socialista Noa Díaz. Os dous responsables analizaron a iniciativa que Seco presentará na Comisión de Agricultura do próximo xoves na que lle reclamará á Xunta que remate coa parcelaria Dodro – Laíño II, que incluía a reubicación do polígono industrial 27.

O responsable socialista lembra que o anterior alcalde modificara o PXOM –elaborado polo PSdeG- en solitario, en contra do resto dos partidos políticos, coa oposición dos veciños, que presentaron máis de 340 alegacións, e o rexeitamento da maior parte dos propietarios. O novo goberno local, de novo encabezado polo PSdeG, revisou o actual PXOM, pero que se atopou cunha denuncia polo contencioso – administrativo do anterior rexedor.

A continuación, o propio director xeral de Desenvolvemento Rural deixou fora da parcelaria o dito polígono 27, previsto no proxecto orixinal, ata unha resolución da xefatura territorial da Consellería do Medio Rural. Esta estimou o recurso de alzada presentado pola Comunidade de Montes de Man Común de Balouta e Fontecova do 14 de maio de 2019, resolta o 23 de outubro de 2019.

Na súa decisión, a xefatura deixa sen efecto a resolución do director xeral, e obriga a incluír no proceso de concentración parcelaria as parcelas pertencentes ao polígono 27 das bases definitivas que foran excluídas”. Sinala que “no Concello de Dodro non teñen notificación da finalización da concentración parcelaria e lle piden á Consellería que a rematen con premura  incluíndo o dito polígono”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13