Categorías: Uncategorized

Gonzalo Caballero demanda á Xunta servizos públicos e investimentos en Salceda

O líder do PSdeG urxe ao goberno galego a fortalecer a educación pública, tras manter unha xuntanza coa alcaldesa Verónica Tourón

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo hoxe unha xuntanza coa alcaldesa de Salceda de Caselas, Verónica Tourón, para abordar as necesidades da veciñanza do municipio.

“Feijóo nos deixa un país sen futuro”, alertou o máximo dirixente das e dos socialistas galegos logo de lamentar o “abandono” da Xunta aos concellos pequenos “que quedan sen servizos públicos e non reciben investimentos” por parte do goberno galego, o que “deixa claro o seu antimunicipalismo”.

Nesta liña, o líder do PSdeG censurou tamén a “inacción” do goberno galego ante o “problema estrutural” ao que a Xunta abocou á Atención Primaria cando en Salceda e nos concellos da contorna “hai listas de espera no centro de saúde de ata dúas semanas”. “Non podemos consentilo”, sentenciou.

FORTALECER A EDUCACIÓN PÚBLICA

Doutra banda, Gonzalo Caballero urxiu á Xunta a fortalecer a educación pública no concello coa ampliación do IES Pedras Rubias, a creación dunha nova escola de educación primaria, así como a creación dunha escola infantil “que garanta plenamente o dereito das nenas e nenos de Salceda a recibir unha educación pública digna e de calidade”.

“Todos os galegos e galegas temos que ter os mesmos dereitos independentemente de onde vivamos”, concluíu o dirixente socialista.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08