Categorías: ActualidadeNovasPortada

Pablo Arangüena salienta o compromiso do goberno central coa Coruña fronte a unha Xunta que nin sequera sabe cales son os proxectos Next Generation para a cidade

O vicevoceiro socialista insta ao goberno galego a aclarar cales son esas iniciativas “porque A Coruña xógase moito” nun contexto no que hai arredor de 1.000 ocupados menos dende o inicio da pandemia

Arangüena lembra que a rebaixa das peaxes da AP-9 “beneficia particularmente A Coruña” e recorda que foi Aznar quen ampliou a concesión da autoestrada

O vicevoceiro do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, subliñou hoxe a enorme oportunidade que supoñen para A Coruña e o conxunto de Galicia os fondos Next Generation. Neste contexto, instou á Xunta a aclarar cales son os proxectos para a cidade “porque a Coruña xógase moito” cando na cidade “hai arredor de 1.000 ocupados menos dende que comezou a pandemia”. Así, anunciou que volverá preguntar no Parlamento por esta cuestión xa que “é un tema vital para A Coruña” e os representantes do PP seguen sen saber responder.

Pablo Arangüena recordou que se descoñecen os proxectos que quere impulsar a Xunta, aparte do CHUAC e a cidade das TIC, “que xa estaban en marcha”. Advertiu que “os fondos Next Generation son para proxectos novos e transformadores, e a Xunta non está apuntando nesa liña”. Por iso, o vicevoceiro socialista tamén lle pregunta ao goberno galego se vai financiar o CHUAC se non recibe os 296 millóns que di que vai pedir aos fondos Next Generation ou se vai financiar a cidade das TIC se non recibe os 6 millóns que vai solicitar.

Tras lembrar que, grazas ao goberno de Pedro Sánchez, España vai recibir o dobre de fondos dos que lle corresponderían pola súa poboación, Arangüena lamentou que o goberno galego estea tratando o tema dos Next Generation “como unha carta aos reis magos” dicindo “un día que hai 8 proxectos, outro 107 e outro 354”, cando ademais “son case todos proxectos que xa estaban en marcha antes da pandemia”.

COMPROMISO DO GOBERNO CENTRAL COA CORUÑA E GALICIA

En paralelo, o vicevoceiro do Grupo Socialista puxo hoxe de relevo o “compromiso do Goberno central” coa Coruña, nunha lexislatura que “está sendo moi positiva para a cidade en termos de investimento estatal e de futuro para A Coruña e a súa área. Arangüena traslada este compromiso a Galicia  “porque o que é bo para a Coruña é bo para Galicia”.

Como exemplos deste apoio, o deputado do PSdeG debullou proxectos en marcha  como a ampliación da Ponte da Pasaxe, “unha obra longamente demandada na Coruña” ou as obras da Pasarela de Pedralonga, “que supón a primeira actuación da tan esperada ampliación de Alfonso Molina”

Lembrou tamén que está en marcha o proceso para a rexeneración da ría do Burgo por importe de 48 millóns de euros- “dos que a Xunta pon cero euros”- e que “van permitir rexenerar unha ría na que chegaron a mariscar 2000 persoas e na que hoxe non chegan a 70”. Isto é algo, engadiu o parlamentario socialista, “que puideron facer Rajoy e Feijoo durante sete anos e non lles deu a gana”.

A maiores, “está encarrilada a intermodal ou tamén o ferrocarril ao Porto Exterior, por importe de 150 millóns de euros” e Portos do Estado “está disposta a adiar a débeda de 200 millóns que pesa sobre a autoridade portuaria e que comezaba a pagarse este ano.”  Tamén salientou que está en marcha a cidade das TIC “que vai servir para impulsar unha economía de alto valor engadido na cidade”. Trátase dun proxecto impulsado pola universidade co aval e o respaldo do goberno progresista “despois de que o goberno de Rajoy permitise que unha concesionaria como Hércules de Armamento non movese un tornillo e se perdesen 5 anos de actividade industrial na fábrica de armas”.

A REBAIXA DAS PEAXES DA AP-9 BENEFICIA PARTICULARMENTE Á CORUÑA

Pablo Arangüena salienta que “a todos estes feitos engádese a rebaixa histórica das peaxes da AP-9”. As bonificacións van implicar 2.300 millóns de euros de aforro ata o ano 2048 e benefician particularmente a unha cidade como A Coruña, que forma parte do eixo atlántico vertebrado por esa autoestrada. Nesta liña, o vicevoceiro socialista lamentou que, “tras sete anos de gobernos en Madrid, o PP nin levou a cabo esa rebaixa nin a Feijoo se lle ocorreu reclamala”.

A maiores, Pablo Arangüena aclarou ademais que a UE “non está investigando todas as concesións como din outras forzas políticas”. “É mentira”, zanxou, antes de engadir que “a  UE está investigando a ampliación da concesión no ano 2000 feita por Aznar, que foron 25 anos de regalo que non se deron ao resto das autoestradas do Estado e que converteron á AP-9 nunha das máis duradeiras de España, cunha duración total de 75 anos”.

Por iso insistiu en que “os gobernos do PP puideron rebaixar as peaxes durante 7 anos e non lles deu a gana malia que no ano 2000 lle deron 25 anos de propina á concesionaria”.

Por último, o vicevoceiro socialista volveu reclamarlle á Xunta que atenda as demandas das comunidades educativas dos centros da comarca da Coruña.

Arangüena insiste en que “non abonda con que a Xunta ofreza diálogo”, senón que tamén debe dar resposta ás necesidades dos centros, e máis nun contexto no que “ten máis de 1.800 millóns extra na súa caixa entregados polo Estado desde o inicio da pandemia, entre outras cousas, para reforzar os servizos públicos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18