Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero dá a benvida ao escritor Bieito Ledo: “Representa a alianza que os socialistas galegos estamos construíndo coa sociedade que non se resigna”

O ex-director de Galaxia e fundador de Ir Indo será candidato en Xunqueira de Ambía para “devolver parte do que a vida me deu ao territorio que me viu nacer”

Ourense, 6 de febreiro de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, desprazouse este mércores ata Ourense para dar a benvida ao editor e escritor Bieito Ledo, que concorrerá como candidato socialista ás vindeiras eleccións municipais na súa vila, Xunqueira de Ambía.

“É un galego de referencia no mundo da cultura”, destacou o máximo referente do PSdeG de quen foi director da Editorial Galaxia, fundador de Ir Indo, creador dos Premios da Crítica de Galicia e fillo adoptivo de Xunqueira.

“Queremos poñer en valor o seu paso adiante, que representa a alianza que os socialistas galegos estamos construíndo coa sociedade civil que non resigna”, valorou Gonzalo Caballero, quen sinalou que “todos os cidadáns progresistas e galeguistas que queiran comprometerse con Galicia teñen no PSdeG a casa común na que poden sentirse cómodos”.

Dito isto, o secretario xeral amosou o seu convencemento de que Bieito Ledo “é o candidato idóneo” para calquera municipio de Galicia, así como “o mellor alcalde” que Xunqueira podería ter.

BIEITO LEDO AMOSA “MOITAS IDEAS E MOITA ILUSIÓN”

Pola súa banda, Bieito Ledo agradeceu o “agarimo” con que o PSdeG lle “abriu as portas” e explicou que a súa decisión de concorrer ás eleccións locais parte da “necesidade de devolver parte do que a vida me deu ao territorio que me viu nacer”. “Teño moitas ideas, moita ilusión e moita enerxía”, destacou.

E, tras asegurar que chega á política “a aportar”, detallou que Xunqueira perdeu moita poboación nos últimos anos e que presenta un elevado grao de envellecemento. “Hai 131 persoas de menos de 18 anos e 139 maiores de 85”, exemplificou sobre unha vila con “moitas posibilidades”.

En concreto, Bieito Ledo sinalou que Xunqueira conta con dúas augas medicinais, que está atravesada pola Vía da Prata e que está conectada por estrada, a 10 minutos, do polígono industrial de San Cibrao das Viñas.

“MÉDRANOS O CAPITAL”

Finalmente, o secretario provincial do PSOE en Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, amosou a súa satisfacción por poder presentar “a unha persoa implicada, comprometida e sobresaínte” como Bieito Ledo.

“Hoxe, no PSdeG, médranos o capital”, valorou a incorporación dun home que “deixou pegada por onde pasou”. “Dá un paso que ilusiona a Xunqueira e ao PSOE en toda Galicia”, finalizou Rodríguez Villarino.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33