Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero contrapón as “chanchulladas” do PP para tapar a súa corrupción cun goberno “decente” que usa os fondos públicos en beneficio da maioría

O secretario xeral cuestiona a viaxe de Feijóo a Uruguai para amosar preocupación polos problemas sanitarios da diáspora cando “non foi quen de pisar Verín” nestes dous meses

Santiago, 3 de febreiro de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, contrapuxo hoxe as “chanchulladas” do PP, utilizando fondos reservados para tentar tapar a súa corrupción na etapa de Rajoy, co feito de que hoxe en España existe “un goberno decente” que utiliza os cartos públicos en beneficio da maioría.

“Súbense as pensións e o salario mínimo, refórzanse os servizos públicos…”, puxo en valor o líder socialista, quen urxiu a Feijóo a dar explicacións das “prácticas irregulares” levadas a cabo polo PP sendo el membro da dirección política.

“Hai que poñer fin a eses mecanismos”, incidiu Gonzalo Caballero, quen rexeitou “a permisividade coa corrupción” que caracteriza ao PP e reivindicou que se puxo fin “ao tempo das maiorías” populares en España. “E vai rematar tamén o tempo das maiorías do PP en Galicia”, agregou.

O secretario xeral do PSdeG fixo estas declaracións nunha comparecencia pública o día da reapertura do paridoiro de Verín,  “unha vitoria da maioría progresista” fronte “aos recortes e o desmantelamento” da sanidade pública levado a cabo por Feijóo.

“Gañamos o pulso a un Feijóo que quere pechar a sanidade pública e desatender o rural”, remarcou Gonzalo Caballero, quen deixou claro que “manteremos en observación permanente” ao goberno galego porque “non nos fiamos” de Feijóo despois de ter retirado “moitos avances” que existían no sistema público de saúde.

Así as cousas, o máximo dirixente do PSdeG requiriu a Feijóo que aclare a imposición dun consentimento informado reforzado para dar a luz en Verín, un procedemento co que “criminaliza aos profesionais” e “mete medo ás nais”.

VISITA “ELECTORALISTA” A URUGUAI

Ao fío disto, Gonzalo Caballero cuestionou a viaxe de Feijóo a Uruguai tanto polo carácter “electoralista” desa visita como polo feito de que abordara os problemas sanitarios da diáspora.

“Feijóo non foi quen de visitar Verín nestes dous meses”, recordou o candidato socialista á Presidencia da Xunta, consciente de que “sería corrido a gorrazos por unha maioría que non atura máis enganos, máis mentiras e máis desmantelamento dos servizos públicos”.

RECLAMACIÓN DO IVE

En paralelo, preguntado polos xornalistas sobre a devolución do IVE, Gonzalo Caballero volveu recordar que “trátase dun problema xerado por Montoro en 2017 e ao que o PP non quixo dar solución en 2019”, cando remataba o prazo legal para facelo.

É por iso que rexeitou unha vez máis “a confrontación desleal” que está levando a cabo Feijóo co goberno socialista e coa que xa “errou” o pasado ano, posto que non lle deu réditos electorais e porque o ingreso das entregas a conta “resolveuse como lle dixeramos os socialistas”.

“A miña posición é seria, clara e coherente e non se moveu nin se moverá un ápice do que dixen o pasado luns”, recalcou Gonzalo Caballero, para volver a sinalar que o goberno estudará como facer os ingresos ás comunidades unha vez esgotada a vía legalmente establecida.

Os Orzamentos Xerais do Estado ou o novo modelo de financiamento autonómico foron as vías que volveu apuntar o líder do PSdeG, quen reivindicou que “os socialistas somos a mellor garantía para o financiamento das comunidades”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08