Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero asegura en Nigrán que “un goberno progresista na Xunta garantirá o compromiso coa educación pública e coa mellora dos comedores escolares”

O secretario xeral ve “un furto á verdade” que a Xunta tente “apropiarse dos proxectos do goberno para a ponte de Rande” despois de non facer “nada positivo para Vigo en 11 anos”

Nigrán, 4 de febreiro de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, acudiu esta mañá a Nigrán para, en compañía do alcalde, Juan González, poñer en valor o proxecto de construción dunha cociña nun dos centros educativos para dar aos escolares do concello uns menús de mellor calidade, elaborados no momento e non trasladados dende outro municipio.

“Un goberno progresista na Xunta garantirá o compromiso coa educación pública e coa mellora dos comedores escolares”, asegurou Gonzalo Caballero trala visita ao CEIP Humberto Juanes, onde mantivo unha xuntanza co equipo directivo do centro encabezado pola súa directora, Cristina Fernández.

En concreto, como explicou o líder dos socialistas galegos, o concello ten un proxecto para investir case 400.000 euros nesa cociña, que permitiría dar os menús escolares dende a proximidade para os alumnos de Nigrán. “Sabemos que a seguridade das dietas está garantida, pero mellorar nisto é unha prioridade”, engadiu, consciente de que as necesidades de “conciliación” dos pais e nais fan que cada vez máis nenos utilicen o comedor escolar.

É por iso que Gonzalo Caballero defendeu que este tipo de proxectos teñen que ser “asumidos” pola Xunta. “Todos os pais queremos que os nosos fillos teñan os xantares nas mellores condicións”, agregou, para amosar o seu compromiso con este servizo tras 11 anos de “recortes” de Feijóo.

“Os socialistas somos a mellor garantía para a educación pública”, recalcou o máximo dirixente do PSdeG, quen sinalou que na etapa de Feijóo empeoraron as condicións do profesorado, as ratios de alumnos por aula, o número de centros… “A educación pública foi a gran abandonada por Feijóo”, sentenciou.

“UNHA PRIORIDADE”

Despois de que o secretario xeral do PSdeG puxera en valor que hoxe Nigrán é “un concello ben gobernado, con proxectos para a cidadanía, tras anos de esperpento co PP”, o alcalde sinalou como “unha prioridade” a mellora da alimentación dos escolares.

Para acometer esa inversión de preto de 400.000 euros, Juan González lamentou que a Xunta non se comprometa a requirir á empresa do catering que use esa cociña. “Non queremos que sexa un expositor, senón que se use para facer comida fresca e de proximidade”, demandou.

Pola súa banda, a directora do CEIP Humberto Juanes pediu á Xunta que “sexa sensible” coa demanda do concello. “Non inventamos nada, xa se fai noutros concellos”, finalizou.

“FURTO”

En paralelo, o líder do PSdeG falou do “furto á verdade” que supón que a Xunta tente “apropiarse” dos proxectos do goberno de España para iluminar a ponte de Rande.

“En vez de resolver os problemas da sanidade ou da educación públicas, perden o tempo en tentar apropiarse de proxectos alleos”, sinalou, e criticou que a Xunta vaia a Vigo “a colgarse medallas do que non fai”. É, concluíu, “unha falla de respecto” tras non facer “nada positivo para Vigo en 11 anos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04