Categorías: Actualidade

A Xunta, atrapada sen saída polas protestas contra o desmantelamento da sanidade pública

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, situou hoxe á Xunta “atrapados sen saída” logo de dez anos de recortes na sanidade pública. Así o dixo na comparecencia do conselleiro de Sanidade, hoxe no Pleno do Parlamento, para “tratar de desmobilizar” a manifestación convocada para o próximo domingo en Santiago de Compostela en protesta polo desmantelamento dos hospitais comarcais.

O responsable socialista puntualizou que a protesta do domingo “non é só polo peche durante dous meses do paridoiro de Verín” senón que hai “moitísimos máis problemas” que a Consellería utiliza “como escusas” en lugar de empregalos “como retos”. Afeoulle que a sanidade pública “non lles importa” senón que están “a outra cousa, aos titulares e ás fotos” e pediulle que “por favor non toquen nada máis que xa lles queda pouco”.

Torrado denunciou que o goberno galego teña demostrado a súa “incapacidade para transformar” a situación da sanidade pública máis alá de “mover papeis dun lado para outro” evidenciando unha “falla absoluta de vontade de resolver” os problemas. Advertiu que a comparecencia de hoxe demostrou a “parálise e incapacidade de reaccionar” do goberno galego máis alá de presentar unha “lista da compra” diante da mobilización do domingo.

En definitiva, criticou que o PP teña imposto un “baleirado” de capacidade na Atención Primaria en favor da hospitalaria, no sentido contrario do futuro cambio de modelo do sistema, ao tempo que tamén “baleiran os hospitais comarcais para centralizar os servizos nos grandes hospitais situados nas cidades”. Polo camiño, dixo, precarizan a situación laboral dos profesionais sanitarios ata o punto de que “abren quirófanos que non poden ser utilizados porque carecen de persoal”.

Lamentou o nerviosismo que está a amosar o goberno galgo diante da protesta desta fin de semana, chegando a prohibir carteis dos profesionais dos Centros de Saúde manifestando as súas queixas, mentres “tódolos días remiten mails da Xunta promocionando as súas actuacións”, demostrando unha incoherencia que cualificou de “inasumible”.

Hospitais comarcais

O responsable socialista sinalou a situación dos hospitais comarcais logo dos recortes do goberno galego que cristalizaron co peche do paridoiro de Verín durante os dous últimos meses para reabrilo anunciando o requisito dun “consentimento informado reforzado”. Torrado reclamoulle ao conselleiro que lles explique este trámite aos colexios médicos, que o consideran “inadmisible” por canto provoca “inseguridade xurídica e un problema de alarma e inseguridade”.

Logo das críticas do goberno galego contra a xestión do goberno de Emilio Pérez Touriño hai 15 anos para aludir á situación do Hospital de Verín, o portavoz de Sanidade explicou que o que fixo aquel goberno fora “reverter o hospital e o persoal ao sistema público” logo de pagar o “pufo inxente e inasumible” deixado polo PP. Daquela, lembrou, o Hospital era unha Fundación Sanitaria, tal e como o concibira Feijóo como xerente do Sergas a comezos dos anos 90.

O parlamentario socialista fixo un relatorio da situación nos restantes hospitais comarcais, coa derivación de pacientes de Traumatoloxía dende Valdeorras a Ourense, a ratio de pacientes por enfermeiros “inasumible” de Monforte, a derivación de Cardioloxía de Burela a Lugo, ou que haxa quirófanos sen utilizar por falla de persoal no Salnés, onde teñen que derivar pacientes de Medicina Interna a Pontevedra.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08