Categorías: Actualidade

Apoio a un Pacto galego contra a violencia de xénero participativo e con orzamentos

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, María Pierres, presentou hoxe un voto particular ao ditame da Comisión de Igualdade do Parlamento para reivindicar un Pacto Galego contra a Violencia de Xénero coa participación do tecido asociativo e as persoas implicadas e dotado de orzamentos. Os socialistas abstivéronse no ditame, que foi aprobado polo PP, o que pola súa banda rexeitou o voto particular do Grupo Socialista.

Pierres sinalou que o ditame da Comisión constitúe “un paso máis, pero en ningún caso a meta perseguida”, polo que defendeu o seu voto particular coas “propostas e estratexias nas que é preciso contemplar a necesidade de desenvolver antes da fin da Lexislatura un Pacto Galego contra a Violencia de Xénero”.

Este Pacto, dixo, “ten tanta presa que precisa ser vestido paseniñamente” para garantir que “temos que estar cómodas todas e todos”, mentres o PP pretende acelerar a súa sinatura a un prazo de dous meses. A parlamentaria socialista puntualizou que “non pode ser un vestido de tempada, senón máis ben unha coraza forte pero tamén confortable, que resista as agresións pero que tamén permita moverse con axilidade e sen tropezos”.

Este pacto debera conter, explicou, as medidas previstas para garantir o cumprimento da Lei 11/07 para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero con orzamento suficiente para a súa posta en marcha inmediata. A responsable socialista esíxelle á Xunta o seu “compromiso máximo e real” coa norma autonómica “e a posta en marcha de modo inmediato daquelas accións xa contempladas na Lei actual”, paralizadas por “desidia ou falla de vontade”.

Finalmente, chama a iniciar un novo plan de traballo na Comisión de Igualdade que inclúa a “avaliación do resto das leis ou accións que poidan levar a cabo as administracións públicas en Galicia”. Ademais, reivindicou incorporar aos diferentes colectivos sociais ou particulares a que realicen as súas achegas ao Pacto “co fin último de atender ás opinións de toda a cidadanía”.

Ditame

Pierres criticou que o ditame presentado hoxe teña sido convertido nun “documento inconcluso e meramente descritivo”, condicionado pola caducidade das comparecencias, alongadas durante case 6 anos, impedindo a incorporación das aportacións dos grupos parlamentarios.

Limitouse, dixo, a recoller as aportacións dos comparecentes, pero “non asume o reto de enfocar as medidas precisas para combater a violencia nin para resolver as dificultades evidentes para cumprir con moitos dos mandatos das leis autonómicas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41