Categorías: Actualidade

O PP veta unha proposta socialista para asumir o informe sobre atención primaria encargado pola Xunta

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, lamentou o veto do PP a unha moción do Grupo Socialista presentada unicamente para pedirlle á Xunta que asumira as conclusións do informe “Por unha Atención Primaria vertebradora do Sistema de Saúde”. O informe fora presentado en setembro por un Comité de Expertos convocado precisamente pola Consellería de Sanidade.

Advertiu que a análise, feito por un grupo de especialistas escollido polo propio goberno galego, supuña unha “bofetada á política sanitaria do PP”, deixando o seu modelo “aos pés dos cabalos”, e que agora se negan a aplicar. Os socialistas pedían un plan de acción ligado ás conclusións do informe con tempo para comezar a executarse no primeiro semestre de 2020, e que o PP rexeita porque “están máis a ser un partido tamagotchi de Vox que a outra cousa”.

Torrado acusou ao goberno galego de desempregar unha política sanitaria “carente de planificación” e centrada “no mesmo criterio de sempre: titulares, fotos, propaganda e publicidade”.

A proposta incluía en primeiro lugar unha liña estratéxica baseada na mellora de condicións do persoal logo de 11 anos de precarización, que levaron a casos como o coñecido este Nadal dunha enfermeira que “traballo 27 días como eventual no mesmo mes, con 27 contratos para desempregar no mesmo posto de traballo”. Así, reivindicou a incorporación de maior número de profesionais, mellorando as condicións laborais e pedindo a supresión da taxa de reposición.

En canto á estrutura organizativa, a moción socialista incluía a implementación dunha xerencia de Atención Primaria en cada Eoxi con recursos e autonomía, tal e como reivindicaba o informe da Comisión de Expertos da Xunta, habilitando a ampliación da solicitude de probas diagnósticas por parte dos facultativos de Atención Primaria.

Tamén incorporaba coordinar tarefas dos profesionais, fomentando a ampliación de funcións e capacitacións, así como implementar a formación e investigación, cun incremento das partidas destinadas á investigación sanitaria e formación de profesionais nun 5 por cento progresivo nos vindeiros 4 anos.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08