Categorías: Eleccións 10NSecretaría Xeral

Gonzalo Caballero con Borrell en Santiago: “Non perdoamos ao PP que se poña ao servizo dos intereses da extrema dereita”

O secretario xeral sinala ao PSOE como “único voto útil” porque “non se perde polo camiño, senón que chega directo ao Congreso dos Deputados”

O ministro de Exteriores rexeita “fatiga democrática”: “A los que estuvimos mucho tiempo sin votar, no nos parece demasiado”

Santiago, 5 de novembro de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, protagonizou este martes un mitin en Santiago co ministro de Exteriores, Josep Borrell, no que tamén interveu o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e as cabezas de lista ao Congreso polas catro provincias galegas.

Na súa intervención, o líder dos socialistas galegos asegurou que “temos as pilas cargadas” para a cita coas urnas despois de que Pedro Sánchez gañara “por goleada” o debate fronte a quen “só crispaban” sen presentar ningún proxecto para España. “O único proxecto serio, claro, progresista e de futuro para España é o PSOE”, resumiu.

E, fronte aos “retrocesos” que implican en materia de igualdade para as persoas e para os territorios a alternativa ao PSOE que compoñen as dereitas e máis a ultradereita, Gonzalo Caballero enfatizou a importancia duns servizos públicos que equiparen as oportunidades da cidadanía e que favorezan unha vida digna para todos.

“Iso é o que nos xogamos o domingo”, advertiu o máximo dirixente do PSdeG, quen chamou a “deixar descolocadas ás dereitas e á ultradereita que quere gobernar a través do PP”. Precisamente, sostivo que “non perdoamos ao PP que sexa o instrumento ao servizo dos intereses da extrema dereita”.

E, tras lamentar que as dereitas españolas non fagan o que “toda a dereita europea” e poñan “un cordón sanitario” á ultradereita, Gonzalo Caballero censurou o discurso “neofascista” de Vox. “Lévanos a construír unha sociedade peor, o que é a máxima preocupación para os progresistas”, concluíu.

Ao fío diso, o secretario xeral do PSdeG chamou a “frear o risco de involución coa máxima mobilización” o vindeiro domingo co “único voto útil”, o do PSOE. “É o voto que non se perde polo camiño, senón que vai directo ao Congreso dos Deputados”, apelou para concentrar o voto progresista nunha opción.

“JUSTICIA, IGUALDAD Y LIBERTAD”

A continuación tomou a palabra o ministro de Asuntos Exteriores, Josep Borrell, quen se animou a facer parte da súa intervención tamén en galego para agradecer o convite á capital de Galicia.

Inspirado polos valores de “justicia, igualdad y libertad”, o dirixente socialista animou a participar nos comicios do vindeiro domingo. “No me gusta esto de la fatiga democrática”, comentou, en referencia ás queixas por votar catro veces en catro anos: “A los que estuvimos mucho tiempo sin votar, no nos parece demasiado”.

É máis, sinalou que “han pasado cosas” neste país “para que nos tomemos la molestia de ir a votar”. “Hace falta un gobierno con una mayoría sólida que tenemos que reforzar”, apelou Borrell, antes de formular que “a democracia non é o normal no mundo” e, por iso, “no podemos estar cansados de votar”.

“Aprovechen la ocasión para decidir qué futuro quieren, cómo queremos vivir y cómo queremos convivir”, finalizou o futuro comisario europeo, consciente de que os problemas de desigualdade e a existencia de “trabajadores pobres” requiren “unha acción política fuerte”.

“UN GOBERNO FORTE”

Tamén tomaron a palabra no acto as catro cabezas de lista ao Congreso polas provincias galegas, que reclamaron “un goberno progresista estable e forte presidido por Pedro Sánchez”.

Fíxoo a viguesa Olga Alonso, número 1 por Pontevedra, quen puxo o foco en que “non podemos consentir desigualdades nin discriminacións” por ningunha causa; mentres a carballiñesa Marina Ortega destacou a aposta pola “xustiza social” do goberno socialista que subiu as pensións, o salario mínimo…

A continuación, a lucense Ana Prieto chamou a “convencer a todos” para acudir ás urnas co “única papeleta que pode facer que España progrese”. “Queremos seguir gobernando para facer política para as persoas”, engadiu, ao que a compostelá Pilar Cancela pediu encher as urnas de “votos socialistas” o 10-N.

“O FUTURO DOS NOSOS FILLOS”

O encargado de abrir o acto foi o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, quen destacou que Josep Borrell é “unha persoa especialmente respectada e querida” pola súa contribución á cidade nas súas etapas como ministro.

E, de cara ao vindeiro domingo, o rexedor da capital galega chamou a “votar ao PSOE pensando no futuro que queremos para os nosos fillos”.

VISITA A O BARCO

Ademais, Gonzalo Caballero aproveitou a xornada para visitar O Barco de Valdeorras en compañía do alcalde, Alfredo García, e os membros da candidatura socialista ao Congreso e ao Senado, antes de manter unha xuntanza cos compañeiros de toda a provincia.

Dende alí, resaltou que Alfredo García é “un alcalde de referencia” para os socialistas pola súa dedicación al concello durante anos. “É un pracer amosar sempre as políticas públicas do Barco e as capacidades que teñen os nosos alcaldes de gobernar para o benestar da maioría”, puxo en valor o líder do PSdeG.

Pola súa banda, o rexedor chamou a mobilizarse de cara o vindeiro domingo porque “onte quedou claro que o único candidato que pode formar goberno e que dá garantías aos cidadáns de que pode haber un goberno serio neste país é Pedro Sánchez”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08