Categorías: Actualidade

Feijóo segue sen explicar por que calou cando Rajoy meteu nun caixón o proxecto de 5 fragatas para Ferrol

A portavoz de Industria do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, denunciou hoxe o “silencio” de Feijóo e do goberno galego cando Rajoy e o ministro Morenés bloquearon o proxecto das fragatas F-110 para os estaleiros de Ferrol. A responsable socialista criticou a “demagoxia infinita” do PP, que hoxe levou a Comisión unha proposta para pedir un buque loxístico “como o da armada australiana”.

A responsable socialista acusou ao presidente da Xunta de “calar e non lle esixir” a Rajoy no seu momento que desbloqueara e puxera en marcha un proxecto de 4.300 millóns de euros para construír 5 fragatas que darán traballo a 7.000 persoas en Ferrol e que foi o goberno de Pedro Sánchez quen o recuperou en decembro de 2018.

Rodríguez Rumbo acusou ao PP de “poñer ao seu partido político por riba das necesidades reais de Galicia”, como evidencian logo de “non ter feito nada por Ferrol e a súa comarca nos últimos 10 anos”. Subliñou que “mentres vostedes contan contos” e queren “blanquear” á “ultradereita xenófoba e machista que quere eliminar ás comunidades autónomas e a partidos democráticos”, os gobernos do PSOE “gobernan e sacan adiante temas importantes para Galicia”.

A parlamentaria socialista respaldou “incrementar a carga de traballo” nos estaleiros de Ferrol, pero criticou a proposta do PP pedindo un buque semellante ao da armada australiana que “non está entre as prioridades da Mariña española”.

Explicou ademais que a construción requiriría dun prazo dun ano porque “sería igual tan só no casco e a infraestrutura”, cuns equipamentos específicos que “nada teñen que ver cos do pedido de Australia”, polo que os socialistas se abstiveron na votación.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02