Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero chama á Xunta a “pasar das palabras aos feitos” para apoiar aos galegos que viven no rural: “Os fondos europeos deben servir para a cohesión territorial”

O líder dos socialistas galegos recorda á Xunta que os prezos do leite en orixe en Galicia están “á cola de España”: “Hai que corrixir este lastre e impedir prezos por debaixo do custe de produción”

Chama a buscar “mecanismos de cooperación e de consenso” para acadar un equilibrio que evite a extinción do lobo e que protexa aos gandeiros fronte aos ataques

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou hoxe unha explotación láctea en Lalín xunto ao voceiro socialista do municipio, Román Santalla, para avaliar as problemáticas do rural e do sector gandeiro.

“Necesitamos aproveitar os fondos europeos Next Generation tamén para a cohesión territorial e a loita contra o despoboamento na Galicia rural”, sinalou o líder dos socialistas galegos, quen asegurou que estes fondos poden facilitar a modernización, a sostibilidade e competitividade do sector gandeiro, que afronta retos como a robotización, a dixitalización e a ecoinnovación, vinculadas á cadea de valor e á mellora de tantas explotacións gandeiras.

“É necesario apostar pola produción de leite, polos produtos ecolóxicos e pola xeración de valor engadido nos derivados lácteos”, explicou.

Nesta liña, incidiu na necesidade de “buscar sinerxías” entre o sector gandeiro e as administracións para “poñer en mans dos gandeiros cartos cos que poder modernizar as súas explotacións e, polo tanto, que sexan máis competitivas e podan resistir”.

PREZO DO LEITE

No que atinxe ao prezo do leite, o líder dos socialistas galegos pediu ao goberno galego que tome “todas as medidas” para evitar o problema “estrutural” que supón que Galicia siga “á cola de España e de Europa nos prezos en orixe do leite”, o que supón “un lastre para as posibilidades da nosa xente e do noso medio rural”. “Non se pode consentir que se venda leite por debaixo dos custes de produción”, subliñou.

Ademais, o secretario xeral do PSdeG criticou a falla de acción da Xunta no rural: “Fan un discurso de promover concentracións parcelarias, pero quédanse en palabras sen accións”, xa que existen “proxectos de concentración parcelaria que levan décadas en espera de ser desenvolvidas”. Desta situación, sinalou, hai varios exemplos claros na bisbarra de Lalín. Isto, asegurou, supón “un suspenso por parte da Xunta” á hora de favorecer que os produtores conten con terra para traballar.

Por último, Caballero instou ao goberno da Xunta a traballar conxuntamente co Ministerio de Agricultura para conseguir que “os fondos da PAC cheguen ás mans dos agricultores e gandeiros”, xa que “deben estar a disposición dos produtores e do sector”.

“GRAN ACORDO DE PAÍS”

Así as cousas, o responsable socialista instou á Xunta a “pasar das palabras aos feitos” e chegar a “un gran acordo de país para defender ao medio rural e aos sectores económicos primarios, pois estes son fundamentais para a actividade do noso territorio”.

ROMÁN SANTALLA

Pola súa banda, o voceiro socialista de Lalín, Román Santalla amosou a súa preocupación polos “problemas de concentración parcelaria na súa comarca”, que “xa son estruturais”. Así, lamentou que “cando a Xunta fala de mobilizar terras, xa non nos cremos nada”.

Ademais, Santalla criticou os prezos do leite porque Galicia “segue liderando os prezos máis baixos de todo o territorio español e tamén da Unión Europea”, o que supón que as ganderías galegas “están entrando nunha fase de perda de rendas”.

O LOBO

“Son ecoloxista, pero iso é plenamente compatible con protexer á nosa xente e aos gandeiros”, aseverou o secretario xeral dos socialistas galegos logo de ser preguntado polo posicionamento do PSdeG con respecto ao lobo.

Nesta liña, Caballero subliñou a importancia de “buscar equilibrios para defender ao sector gandeiro e para dar a protección necesaria para evitar a extinción dunha especie como o lobo”. Así, sinalou, “hai que buscar un mecanismo de cooperación” e “consenso no sector” para unha adecuada xestión que permita “protexer aos gandeiros ante as ameazas que hai na contorna” e tamén “protexer a especie”.

Ao fío disto, criticou unha xestión “inexistente” por parte da Xunta de Galicia con respecto ao lobo e instou ao goberno galego a “poñer fondos” para poder “compensar” aos gandeiros dos danos que poidan sufrir. Así, lembrou que a posición do PSdeG é defender a biodiversidade e as especies, pero á vez “ser conscientes da Galicia na que vivimos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08