Categorías: Actualidade

Ata o verán non haberá galego na serie “3 caminos”, que custou máis de 2 millóns de euros dos galegos e galegas

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión da CRTVG, Noa Díaz, cualificou de “incomprensible” que a Xunta e a CRTVG subvenciones produtos audiovisuais “que non conteñan e aseguren o idioma galego entre as opcións de exhibición xa dende o momento da súa estrea. Díaz presentou unha pregunta na Comisión celebrada hoxe na que constatou que haberá que agardar ata o verán para ver a produción “3 caminos” en galego.

A responsable socialista lembra que a Xunta aportou máis de 1,8 millóns de euros e a CRTVG outros 250.000 euros para esta serie ambientada no Camiño de Santiago e estreada en Amazon o pasado 22 de xaneiro “para 240 países do mundo, que pode verse en inglés e castelán con subtítulos en español, inglés, italiano e portugués, mais non en galego, nin na dobraxe nin na lexendaxe”.

Apunta que esta “anómala situación” resulta “inexplicable” por canto “depende unicamente de vontade política” como demostra que “non suceda o mesmo con outras producións nalgunhas outras comunidades autónomas do Estado con lingua propia nin con outros países europeos, que teñen a obriga de incorporar dende o primeiro momento o idioma propio”.

Díaz presentou esta iniciativa precisamente cando se compren 145 venres negro por parte do colectivo Defende a Galega, desta volta dedicado á lingua, para esixir “unha maior implicación da CRTVG na creación de espazos propios e regulares dedicados a difundir proxectos culturais galegos e en lingua galega”.

Lembra que o fomento da produción, dobraxe, subtitulación e exhibición de produción audiovisual en galego está incorporado á Lei de Normalización Lingüística, o que están a incumprir tanto o ente audiovisual como o goberno galego, polo que apuntaque “a nosa lingua debera ser sempre un requisito”.

Renovación tecnolóxica

Díaz presentou ademais unha pregunta polos problemas xerados polo proceso de renovación tecnolóxica da CRTVG, que está a se converter nunha “carreira de obstáculos” para os profesionais do ente e que padecen “constantes fallos de funcionamento que impiden unha mellora na calidade técnica do produto e nas rutinas profesionais”. Advertiu que estes problemas, que afectan sinaladamente ás retransmisións deportivas, deslucen o traballo dos profesionais da CRTVG.

A responsable socialista lamentou que a dirección da corporación “asista impávida a todo este bochornoso espectáculo, deixando que a imaxe da cadea cada vez estea máis devaluada” mentres, ironizou, “vostedes seguen mirando cara outro lado e pensando nos modelos nórdicos”.

Sinalou que a situación levou a que o propio Comité Intercentros emitira unha protesta formal polo deterioro das emisións que ao final recae sobre os profesionais do ente, que ven o seu prestixio cuestionado como consecuencia dunha situación “inasumible dende o punto de vista orzamentario e de xestión”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24