Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba a nosa proposta para reclamar unha sala de agarda “propia e digna” para as vítimas de violencia contra a muller no xulgado de Viveiro

A Comisión de Xustiza do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para pedirlle á Xunta que acondicione no Xulgado de Viveiro un espazo “propio e digno” como sala de agarda para as mulleres vítimas de violencia de xénero. A parlamentaria socialista Patricia Otero presentou esta iniciativa, na que denunciou un retraso de cinco anos dende que o Concello lle ofreceu o espazo ao goberno galego.

Otero lamentou que o goberno galego agardara dende 2015 “ata onte” para dispoñer deste espazo fundamental para manter a seguridade e a dignidade das vítimas, obrigadas en moitas ocasións a cruzarse cos seus maltratadores ao impoñer as denuncias. Sinalou que fora precisamente na véspera de levar esta iniciativa á Cámara cando o goberno galego dera a orde de acondicionar a sala “tarde, mal e arrastro”.

Ata entón, dixo, “o Xulgado da Muller de Viveiro carecía dun espazo digno para dar comodidade e anonimato ás mulleres maltratadas”, aseverou a responsable socialista, logo dos “múltiples anuncios” do goberno galego.

A parlamentaria da Mariña lembrou que o propio conselleiro de Vicepresidencia lle respondera ao Grupo Socialista en Pleno do Parlamento xa en abril de 2019 que a sala de agarda estaría lista naquel ano. Afeoulle ao PP que recorrera hoxe á escusa da pandemia para xustificar o retraso, unha pandemia que “ou eran moi visionarios ou non lembran que daquela non comezara”.

Sinalou que o Concello puxo a disposición da Xunta o espazo dende o primeiro momento, para mellorar o “zulo” do que dispoñían e evitar así a súa “exposición pública nos corredores dos xulgados” e “que se poidan cruzar cos seus agresores”.

En resposta á intervención do PP, Patricia Otero reclamoulle ao goberno galego que comprometan espazos dignos para as vítimas nos xulgados específicos de Violencia de Xénero, e preguntoulles se “están seguros por exemplo de que no Xulgado de Pontevedra contan cunha sala propia”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que á maior brevidade, habilite no Xulgado de Violencia sobre a Muller de Viveiro un espazo propio e digno como sala de agarda para as mulleres que comparecen nel”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13