Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero chama a “ser cautos” ante a relaxación das restricións: “Todos estamos desexando a desescalada, pero é prioritario protexer a saúde e á xente”

O secretario xeral garante que “seguiremos sendo leais” coas medidas que saian do comité clínico, pero urxe á Xunta a axudar aos negocios afectados: “no que vai de 2021 aínda non aprobou axudas”

O líder socialista felicita a Illa polo resultado do PSC e aposta por un goberno de esquerdas que permita “buscar pontes de diálogo” en Cataluña dentro da Constitución e poñer fin ás “tensións” do independentismo

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, aludiu hoxe á situación de Galicia nesta terceira onda da covid para sinalar que, pese á caída no número de contaxios, a presión hospitalaria e nas camas UCI está aínda en niveis “moi altos”, polo que cómpre “ser cautos” e seguir as indicacións do comité clínico  na desescalada das medidas.

“Todos estamos desexando a desescalada, pero é prioritario protexer á xente e a saúde”, subliñou o líder do PSdeG, tralo cal volveu garantir que “seguiremos sendo leais” coas medidas que saian do comité clínico. Iso si, incidiu en que todas a restricións deben ir acompañadas de apoios económicos para os sectores afectados.

Así, Gonzalo Caballero fixo fincapé en que o peche total da hostalería, a cultura e o deporte en Galicia, xunto co recorte no horario dos comercios e o peche perimetral de cada un dos concellos o pasado 26 de xaneiro, foi “a rectificación” da Xunta tras o fracaso da estratexia “salvar o Nadal”, e criticou que as novas restricións non levaran aparelladas axudas para os negocios afectados.

“A día de hoxe non se publicaron no DOG as axudas prometidas”, recordou o tamén voceiro socialista no Parlamento de Galicia, para recalcar que “no que vai de 2021” o Diario Oficial de Galicia non recolleu “ningunha axuda”. “A Xunta vai tarde e mal”, subliñou, logo de recordar que recibiu fondos do goberno de España para apoiar a caída da actividade económica.

VALORACIÓN ELECCIÓNS CATALÁS

En paralelo, Gonzalo Caballero amosou a súa satisfacción por que o PSC se convertese na primeira forza política nas eleccións autonómicas catalás, e felicitou a Salvador Illa polo resultado electoral, que supón tamén un aval á xestión do goberno do que formou parte como ministro de Sanidade.

Neste contexto, defendeu a conformación dun goberno de esquerdas en Cataluña no que “se prioricen ás persoas” e a busca da independencia “quede no pasado”. “Que a maioría de esquerdas posibilite que Illa sexa president é a mellor solución”, apuntou.

Ademais, nun contexto dunha abstención “histórica”, cuns dous millóns de votantes menos que nas anteriores autonómicas catalás, o máximo dirixente dos socialistas galegos chamou a “buscar pontes de diálogo e de reencontro entre cataláns dentro do marco da Constitución”.

“Esperamos que poida abrirse unha nova páxina en Cataluña lonxe da situación de tensión previa”, engadiu, consciente de que “cando un partido se salta as normas e as leis perde lexitimidade”. Por iso avogou por “reconducir as posicións políticas” cara unha vía “plenamente democrática” dentro do marco constitucional.

Finalmente, o máximo dirixente do PSdeG manifestou a súa preocupación polo sorpasso de Vox a Ciudadanos e o PP, que cae a “mínimos históricos”. “As posicións extremistas, sexan de ultradereita ou independentistas, non benefician á maioría”, concluíu.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08