Categorías: Actualidade

A Lei de Simplificación Administrativa e de Apoio á Reactivación Económica “obvia o necesario regulamento para actuar dilixentemente con respecto á captación dos fondos europeos”

Begoña Rodríguez Rumbo censura a ausencia de diálogo social, de búsqueda de consensos cos concellos a través da FEGAMP, co sector empresarial e cos grupos parlamentarios da oposición

Lamenta a falla do informe perceptivo do Consello Económico e Social de Galicia que correspondería “por materia” e “pola importancia dos seus membros”

A voceira de Orzamentos do Grupo Socialista vén de criticar a proposición de lei de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica porque “obvia o necesario regulamento para actuar dilixentemente con respecto á captación de fondos europeos Next Generation”. Fíxoo, hoxe, durante o debate do ditame da citada proposición, que foi aprobada co apoio do PP e o rexeitamento de PSdeG e BNG, e que a continuación irá ao Pleno do Parlamento.

“É o momento para sentar as bases para facer un cambio real na estrutura produtiva do país. Non podemos perder os fondos europeos para poder saír o máis axiña posible desta crise. E vostedes non poñen todos os medios suficientes nesta lei para que iso sexa conseguido”, aseverou a socialista.

Nesta liña, Rodríguez Rumbo sinalou que os fondos europeos “son fundamentais para o noso país”, que neste intre precisa “un cambio real que sente as bases para o cambio de estrutura produtiva de Galicia, baseada nunha maior diversifación empresarial, máis emprego e de maior calidade, a unha aposta real polo I+D+i”.

“Consideramos necesaria a aprobación dunha lei de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, pero se tiña que avanzar máis, con máis búsqueda de consenso que aposte por un cambio real”, aseverou a socialista, quen criticou que xa a propia exposición de motivos da proposición non de lei “está obsoleta porque alude a unhas circunstancias que xa están superadas cando, agora mesmo, nos atopamos xa noutro momento da pandemia”.

Rodríguez Rumbo lamentou que, na redacción deste texto, houbo unha total ausencia de diálogo social cos sindicatos, unha falla de búsqueda de consensos cos concellos a través da FEGAMP, así como co sector empresarial ou cos grupos parlamentarios da oposoción. Nesta liña, censurou que obvie o informe perceptivo do CES “que correspondería por materia”, segundo as funcións outorgadas pola lei de creación, e “pola importancia dos seus membros”.

A responsable socialista propuxo impulsar un xeito de tramitación “máis transparente para coñecemento da cidadanía xeral”. Ademais, esixiu “máis diálogo social”, “ter en conta ao sector empresarial” e incluír “aos concellos en igualdade de condicións como negociadores para chegar a acordos”.

Doutra banda, Rodríguez Rumbo pediu pór “énfase en empregar medios propios e evitar a externalización de servizos”, especialmente aqueles que teñen que ver cos labores de inspección xa que “non é aceptable que se desprecien os medios propios de persoal da Xunta”.

Finalmente, a responsable socialista criticou a forma en que foi rexistrada e tramitada esta proposición de lei, xa que o PP “trae unha proposición non de lei que xustifica coma urxente” para “evitar a exposición pública dunha lei” a través do trámite ordinario dun proxecto de lei e, entre outras cuestións, “eludir o informe do Consello Económico e Social, que consideramos fundamental” e “cuxo dictamente debería ser incorporado ao texto”.

“Entráronlles as présas doce meses despois da declaración da pandemia, pero para algunhas disposicións aínda se dan un prazo de seis meses”, criticou Rodríguez Rumbo, quen tildou o texto de “pouco rigoroso” e censurou a “falla de diálogo” do PP coas forzas políticas e cos concellos á hora de redactar este texto.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02