Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero anuncia o “claro compromiso do PSdeG coa innovación e o coñecemento” fronte a unha década de retrocesos de Feijóo

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, anunciou hoxe o ”claro compromiso do PSdeG co Sistema Universitario de Galicia e coa innovación e a aposta polo mundo do coñecemento”. O líder dos socialistas galegos mantivo hoxe en Vigo un encontro co ministro de Ciencia, Innovación e Universidades, Pedro Duque, no que tamén representantes dos socialistas galegos no Parlamento de Galicia, o Congreso e o Senado, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e o secretario do PSdeG de Pontevedra, David Regades.

Gonzalo Caballero anunciou que os socialistas presentarán na próxima Lexislatura un “compromiso claro coas novas tecnoloxías, coa innovación e co mundo do coñecemento”, apostando por un cambio de modelo para “defender aos organismos e universidades públicas e a cooperación co mundo da empresa”. O obxectivo, dixo, é que “esta Galicia que con Feijóo perde pulo e dinamismo acade a súa revitalización e impulso”.

Lembrou que, logo de dez anos de goberno de Feijóo, a redución do gasto en I+D+i ten situado a Galicia no posto 190 dun total de 238 rexións europeas, de acordo co informe da Comisión Europea en materia de innovación. O gasto en investigación “non avanzou como debía” no goberno galego, provocando un “gap moi importante” na materia, mentres que rexións veciñas como o Norte de Portugal teñen escalado ata o número 100 do ránking europeo.

O responsable socialista defendeu un “modelo distinto” para superar o “reto” que deixa a xestión do PP, cun recorte drástico en materia de Universidades e de I+D+i, e reivindicou o proxecto socialista en materia de Innovación e Ciencia para todo o Estado. Sinalou que “seguimos mantendo” a proposta dun Pacto de Estado pola Ciencia, incluíndo o incremento de orzamentos ou unha nova Lei de Universidades e impulso para a gratuidade das primeiras matrículas universitarias.

Gonzalo Caballero defendeu a visita do ministro a Galicia, tal e como fixo o pasado luns a ministra de Industria, Reyes Maroto, e reclamoulle ao presidente da Xunta “que se tranquilice”, fronte ás críticas do goberno galego e do PP a estas visitas.

Reclamoulle que “goberne con lealdade institucional” e que “se acostumen a que Galicia e a Xunta de Galicia non son propiedade do PP” e que “acabouse o tempo en que Feijóo creía que era o único que repartía xogo e falaba coa deslealdade que quería en cada lugar de Galicia”.

Pedro Duque

O ministro de Ciencia, Innovación e Universidade, Pedro Duque, comezou a súa xornada en Galicia co encontro co líder dos socialistas galegos, onde reivindicou as “reformas pendentes” consensuadas cos actores do mundo da Universidade e da Innovación e que están á espera da formación do goberno.

Sinalou que “estamos expectantes de que haxa canto antes un goberno que poida levar ao Parlamento estas reformas legales, normativas, de formas de actuar, investimentos na dixitalización de servizos públicos, e en ciencia e innovación”. Reivindicou “cambios na política da última década” na materia, na que baixo o mandato do PP España “foi o único país que ten reducido os presupostos para ciencia, innovación e Universidades”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08