Categorías: Secretaría Xeral

G. Caballero presenta unha candidatura unitaria en Pontevedra para o Congreso federal: “O exercicio de integración e unidade é o mellor para dar respostas á cidadanía”

O alcalde de Vigo encabezará a lista de delegados provincial que pechará o líder dos socialistas galegos “para impulsar a fortaleza da delegación galega”

Abel Caballero presenta a decisión unánime da provincia “como modelo de actuación” para o conxunto do partido nas provincias galegas

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, anunciou hoxe en Vigo que a provincia de Pontevedra presentará unha candidatura unitaria de delegados para o próximo Congreso Federal do PSOE que se celebrará en Valencia. O líder dos socialistas galegos pechará unha candidatura encabezada polo alcalde de Vigo e presidente da Femp, Abel Caballero.

“É un pracer trasladarlles hoxe que o exercicio de integración e unidade está funcionando, estamos avanzando de cara á elección de delegados para o Congreso Federal de outubro e as primarias para escoller ao secretario xeral do PSOE en setembro”. Así o dixo logo do seu chamado a “deixar de aparentar ningunha división artificial cando estamos todos unidos para respaldar o proxecto socialista e ao presidente do goberno”.

Explicou así que pechará a candidatura de Pontevedra “para ser o coordinador, o voceiro dunha delegación galega forte”, logo de que Abel Caballero aceptara encabezar a lista provincial. Sinalou o xesto do “alcalde de referencia de toda España e presidente da FEMP, que non está nas cuestións orgánicas do partido”, para participar e “fortalecernos entre todos e todas”.

A mensaxe é clara, dixo, “estamos remando e lle dicimos á cidadanía que estamos no que temos que estar: a facer as mellores políticas ante a crise e a pandemia no que ten que ser o curso da reactivación”. Sinalou que “os socialistas estamos no substancial todos a carón do que cremos fundamental para o país, e non hai ningunha cuestión que  trasladar que non sexa o prioritario para a cidadanía”.

Diante do alcalde de Vigo, da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o secretario provincial, David Regades, e o secretario local, Abel Losada, puxo á provincia de Pontevedra como “exemplo do que está funcionando ben”. Animou a “seguir avanzando” da man dun “goberno provincial que está en moi boas mans” e da “xestión en tantas boas alcaldías” ao longo da provincia.

Lembrou que nesta provincia “crecemos nas xerais, nas europeas, nas municipais e nas autonómicas, e ese é o exemplo do que estamos facendo dende a provincia de Pontevedra e do que queremos facer no conxunto de provincias de Galicia”.

Reiterou a chamada á unidade para “apoiar o proxecto federal de Pedro Sánchez, para que siga marcando unha axenda progresista fronte aos retos da confrontación estéril e a irresponsabilidade da dereita e da ultradereita”.

Gonzalo Caballero sinalou que os alcaldes galegos son “garantía de progreso fronte a unha Xunta ausente das súas responsabilidades durante todo o verán” no que se evidenciaron as listas de espera estruturais na sanidade pública e fronte a un Feijóo que “vai despedir centos de profesores no inicio deste curso escolar”. Advertiu que “non hai ningún tipo de estratexia para aproveitar os fondos da UE e do Estado para a reactivación”.

Abel Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou que o próximo venres presentará formalmente a candidatura para encabezar a lista da provincia, unha lista unitaria nun momento “difícil, no que os cidadáns reclaman proxectos e procesos de unidade”. Chamou a “deixar aparte lexítimas controversias” porque a cidadanía “reclama xenerosidade e luces de longa distancia”.

Explicou que o próximo luns “asistirei á Executiva Federal e trasladarei a decisión unánime na provincia como un modelo de actuación” para o conxunto do partido nas provincias galegas, cun proxecto “de unidade mirando para os cidadáns” logo da proposta de integración de Gonzalo Caballero que dixo recibir “con agrado”.

Ratificou que o plantexamento dunha lista sen discrepancias no orgánico responde a un “momento de proxecto unitario” dentro dun proceso no que “cremos que se ten que intensificar e acelerar cada vez máis a relación coa sociedade”. Sinalou que “queremos que a relación coa cidadanía transcenda as fronteiras do PSOE; queremos ir máis aló e facer un proxecto con enraizamento social”.

Este modelo, dixo, levou ao PSdeG de Vigo a escribir a “crónica dun éxito anunciado”, ata o 70 por cento de apoio no Concello e unha aprobación cidadá da xestión que rolda o 90 por cento, e que na provincia levou da “case inexistencia” hai oito anos a “unha case maioría absoluta” para un proxecto provincial “excepcional”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08