Categorías: ActualidadeParlamento de GaliciaSanidade

Paloma Castro esíxelle á Xunta melloras no centro de saúde de Ponteareas

Paloma Castro insta ao goberno galego a que se cubran todas as prazas de persoal e a que se busquen os mecanismos para rematar coas listas de espera

Tamén reclama que se inicien coa máxima urxencia os trámites para a construción dun novo centro de saúde que dea servizo en condicións á veciñanza de Ponteareas e da comarca do Condado

A parlamentaria socialista Paloma Castro vén de presentar unha batería de iniciativas no Parlamento para esixirlle á Xunta de Galicia melloras no centro de saúde de Ponteareas. A deputada do PSdeG fixo hoxe este anuncio, coincidindo coa súa participación esta tarde na concentración en defensa da sanidade pública que terá lugar diante desas instalacións.

En concreto, a deputada do PSdeG reclámalle ao goberno que se cubran todas as prazas de persoal sanitario e non sanitario necesarias para a correcta actividade dos servizos en Ponteareas e na comarca. Tamén solicita que se busquen mecanismos que rebaixen as listas de espera, co obxectivo de que os pacientes poidan ser atendidos nunha data límite razoable.

A maiores, Paloma Castro esixe que se inicien coa máxima urxencia os trámites para a construción dun novo centro de saúde que dea servizo en condicións non so á veciñanza de Ponteareas, senón á de toda a comarca do Condado nos servizos de apoio que se veñen desenvolvendo.

A parlamentaria socialista considera que, deste xeito, se daría resposta á numerosas eivas que presenta o centro de saúde e se paliaría o deterioro que está sufrir a sanidade pública en Ponteareas.

FALTA DE PERSOAL

Paloma Castro sinala que neste municipio existe “un problema estrutural das instalacións que non son acordes a unha poboación de arredor de 23.000 habitantes”. A isto súmase unha “alarmante” falla de persoal sanitario nas distintas categorías e fundamentalmente de médicos xerais e  pediatras.

Esta situación provoca que as listas de espera para obter unha cita, mesmo telefónica, tarde en algúns casos ata 3 semanas, algo que se repite para a realización de analíticas e outras probas diagnósticas.

Paloma Castro apunta que estas circunstancias agrávanse “se temos en conta que no centro de saúde de Ponteareas, aparte da atención sanitaria aos veciños da nosa vila, se prestan servizos de a toda a comarca do Condado e a parte da comarca da Paradanta”. “Isto implica”, afirma, “un importante fluxo de pacientes diarios no centro que repercute aínda máis nas listas de espera”.

INSTALACIÓNS INSUFICIENTES

Neste contexto, a parlamentaria socialista lembra que as instalacións do propio centro de saúde -que iniciou a súa actividade en novembro de 1987- “son totalmente insuficientes e inaceptables para os estándares de calidade actuais”. De feito, Paloma Castro indica que “quedou practicamente inservible debido ás numerosas reformas que sufriu por mor do paulatino incremento de actividade”.

Nesta liña, Paloma Castro denuncia que o servizo de Urxencias do PAC, que atende a toda a poboación da Condado máis aos desprazados doutras zonas, atópase “totalmente colapsado e non é posible illar aos pacientes sospeitosos ou confirmados de covid”.

Entre as numerosas eivas que presenta o centro de saúde, atópanse a falta de salas de espera adecuadas e coa ventilación necesaria para un mínimo de pacientes, que non dispón de aire acondicionado “polo que a calor en temporada estival é insufrible” ou que a maioría das consultas non cumpren a normativa en canto a espazo e aireación.

Ademais, as salas de matronas atópanse no semienterradas sótano e non hai salas dispoñibles para realizar probas diagnósticas tipo espirometrías e outras.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24