Categorías: Secretaría Xeral

Formoso reivindica ao PSdeG como a “columna vertebral da ilusión” e avanza que o Goberno vai a “volcarse” con Galicia ante o 28M

O secretario xeral dos socialistas galegos sinala que Pedro Sánchez volverá a visitar a comunidade en precampaña, antes de viaxar a Estados Unidos para verse con Biden

A Portavoz do Goberno de España, Isabel Rodríguez, agradece o traballo aos alcaldes que son “a mellor tarxeta de presentación” do PSOE nas eleccións municipais

6 de maio de 2023. O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reivindicou este sábado ao PSdeG como “a columna vertebral da ilusión” e avanzou que o Goberno de España no seu conxunto, incluído Pedro Sánchez, van a “volcarse” con Galicia na de cara ás eleccións municipais. Así mesmo, anuncia que o presidente do goberno acudirá á comunidade autónoma galega por segunda vez nesta precampaña.

O líder do PSdeG, xunto co alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, e a Ministra Portavoz do Goberno de España, Isabel Rodríguez, fixeron declaracións aos medios na emblemática Praza de Abastos da capital galega, foi a única parada no transcurso dun paseo pola zona vella da cidade. No mesmo, estiveron acompañados por varios membros da candidatura local, así como o Delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, ou o secretario provincial do PSdeG na Coruña, Bernardo Fernández Piñeiro.

Formoso agarda unha campaña de municipais moi “animada” e “ilusionada”, onde anticipa un desembarco constante de membros do executivo central para “volcarse” cos candidatos e candidatas socialistas ás alcaldías nos distintos concellos galegos.

Entende que Sánchez non só mira por Galicia en campaña, dando boa mostra disto o “maior investimento en transferencias autonómicas da historia” para a administración galega, así como o seu “compromiso cos máis de 700.000 pensionistas galegos que ven a súa pensión revalorizada conforme aumentan os prezos”, en concreto apuntou, da Praza de Abastos na que estaban presentes. Estas políticas, son para o líder do PSdeG o que significa o concepto de “xustiza social” que defende a súa formación.

Tamén quixo mandar un mensaxe en clave municipal, resaltando que o seu partido encara este proceso electoral coa “intención clara” de “transmitir as ilusións” de cada unha das vilas de Galicia ás institucións das que forman parte.

“Soñamos cidades como Compostela, Vigo, A Coruña ou Ferrol, temos unha simbiose coa sociedade que nos responsabiliza da súa xestión dende hai décadas, agora tócanos ser conscientes da responsabilidade que temos”, sendo para el esta a de “asumir o reto de seguir a ser esa formación que é a columna vertebral da ilusión de cada unha das vilas de Galicia”, concluíu Formoso.

ALCALDES: “A MELLOR TARXETA DE PRESENTACIÓN”

A Ministra Portavoz e de Política Territorial do Goberno de España, Isabel Rodríguez, visitou Santiago nunha xornada que pasará apoiando aos seus compañeiros de partido en Galicia, na que tamén estará na capital luguesa e no concello ferrolán de Narón. No relativo ao proceso electoral do vindeiro 28 de maio, declarou que no PSOE afrontan esta cita “coa tranquilidade do traballo realizado durante os últimos anos”

Ademais, eloxiou aos alcaldes e alcaldesas socialistas que son “a mellor tarxeta de presentación do PSOE”, que levan “escoitando de primeira man” as necesidades dos seus veciños e veciñas durante os últimos catro anos e “que estaban a pé de obra” durante o peor momento da pandemia.

Ao fío disto, falou dos datos que acreditan a recuperación económica, polo que resaltou que hai agora “un país que crece, que recuperou o emprego previo á crise do 2008”, contando con “datos históricos, por moito que a outros lles pese”. Manifestou o orgullo do Goberno por non crear “calquera emprego”, senón un acorde ao cambio do modelo produtivo, apostando por unha “nova economía” vinculada coa investigación e a dixitalización.

A Portavoz do executivo central puxo en valor a importancia dos concellos, “contan moito na transformación do país” que queren levar a cabo, alegou. Tivo unhas palabras de agradecemento para o alcalde Sánchez Bugallo por traballar “na mesma liña” que o Goberno de España, atraendo “actividade económica vinculada á ciencia” e facendo “unha cidade máis amable para as persoas”.

“NA BOA DIRECCIÓN”

Finalizou intervindo o propio rexedor local, un Xosé Sánchez Bugallo agradeceu ta visita a Rodríguez para coñecer “de primeira man” os seus proxectos en marcha e por desenvolver. Considera que están traballando “na boa dirección”, como así acreditan os datos de emprego que colocan a Santiago como a cidade galega con maior poboación ocupada.

Tamén puxo en valor o apoio do Goberno de España, remarcando o dato de que dos doce proxectos presentados para os Fondos Next Generation, xa teñen autorizados nove, que van dende a recuperación medioambiental ata o ámbito da innovación informática.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28