Categorías: Secretaría Xeral

Formoso e Isabel Rodríguez arroupan aos candidatos socialistas da comarca de Ferrol para ampliar a rede de alcaldías

O secretario xeral do PSdeG pon en valor a forza municipal que teñen na bisbarra, pero apunta a aumentala cos concellos de San Sadurniño, Fene, Mugardos e Narón

A Portavoz do Goberno de España agradece a dedicación e empeño dos alcaldes, especialmente durante a pandemia, e puxo an valor as políticas económicas e sociais do executivo

6 de maio de 2023. O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, e a Portavoz do Goberno de España, Isabel Rodríguez, arrouparon este sábado aos candidatos socialistas de toda a comarca de Ferrol na que buscan aumentar “aínda máis” a súa forza municipal co foco especialmente posto na alcaldía de Narón.

Á súa chegada, os dirixentes socialistas encontráronse cunha concentración de arredor dunha vintena de traballadores dunha cadea alemá de supermercados que reivindicaban o cobro dos deus salarios. Charlaron amigablemente coa ministra e co secretario xeral do PSdeG, que se comprometeron a mediar no seu conflito. Posteriormente, alcaldes, como o de Valdoviño e o candidato de Narón, pediron no acto un aplauso para os manifestantes que foi secundado por todos os presentes.

O líder dos socialistas galegos, Valentín Formoso, que tamén é un dos candidatos da comarca ao optar á reelección nas Pontes, reivindicou a forza municipal dunha bisbarra onde gobernan gran parte dos 21 concellos que a conforman. Teñen uns obxectivos moi claros, xa que asegurou que “imos a ampliar o número de gobernos con San Sadurniño, Fene, Mugardos e Narón por primeira vez”.

Saíndo do apartado local, fixo referencia a un das reformas do goberno que máis afecta en Galicia, a das pensións. Formoso defendeu o acordo para garantir a revalorización das pensión acorde co IPC, alegando que a cidadanía “queremos unha pensións dignas”. Tamén tivo palabras críticas co que PP e o BNG por non apoiar o acordo para subir as pensións e dixo que hai que esixirlle explicacións sobre o sentido do seu voto.

“DEDICACIÓN E EMPEÑO” DOS ALCALDES

Pola súa banda, a Ministra Portavoz e de Política Territorial, quen desempeñou a tarefa de rexedora de Puertollano durante dous anos ata que recibiu a chamada de Pedro Sánchez, agradeceu expresamente “a dedicación e o empeño dos alcaldes e alcaldesas que estiveron aí”, nunha etapa onde “sufrimos moito como sociedade”. Tivo unhas palabras de recordo para as persoas que faleceron, así como para as que “traballaron para coidarnos”.

Fixo a reflexión sobre “que tería sido deste país sen un presidente socialista na Moncloa” e sen o reforzo de medios que fixo o executivo. A ministra recordou varias das políticas do Goberno de España, entre elas a revalorización para unhas “pensións dignas” ou a reforma laboral e a subida do SMI coa que “deixamos atrás os salarios indignos” e resaltou que “batemos o récord de creación de emprego, tamén das mulleres”.

“PARTIDO OBREIRO”

Tomou a palabra o alcalde da capital comarcal, Ángel Mato, quen aproveitou a presenza da ministra para dicir “grazas”. O ferrolán recordou que foi alcalde durante catro anos “coas fundas dos traballadores dos estaleiros colgadas”, algo que mudou logo do traballo do Goberno de España. Engadiu que “hoxe podíamos falar de políticas sociais, pero toca falar de emprego, porque sen emprego non hai nada”.

Jorge Ulla, candidato debutante, reivindicou que co equipo que lidera “o PSOE volveu a Narón”. Sendo avogado sindical de profesión, non é resulta estraño que definira ao seu partido como un “que axuda ás persoas, obreiro, defendemos aos obreiros e levámolo nas nosas siglas”, pero apuntou que “para que haxa obreiros ten que haber empresas”. Por iso, Ulla preséntase “coa ilusión de volver a facer de Narón o motor industrial da comarca”.

O secretario provincial dos socialistas da Coruña e alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández Piñeiro, emprazou aos candidatos a non deixar de “soñar cunha Galicia e cunha Ferrolterra mellor”, por iso chamou á cidadanía a apoiar ao PSdeG na bisbarra, “a única opción de futuro e progreso”, alegou. De igual xeito, puxo as municipais como unha antesala das eleccións autonómicas, “un primeiro paso” no que deben “volcarse” para lograr o mellor resultado posible.

Ademais dos xa citados, no acto interviron todos os candidatos da comarca, que son Manuel Meizoso, alcalde e candidato á reelección na Capela, Julio Iglesias alcalde e candidato en Ares, Carlos Ladra, candidato é reelección en Cabanas, Joaquín Ayala, candidato en Fene, José Ángel Martínez Bardanca, candidato en Mugardos, Ángel Alvariño, alcalde e candidato en Neda, Juan Alberto Rivera, que se presenta en San Sadurniño, Óscar Meizoso, das Somozas; Alberto González, alcalde e candidato de Valdoviño.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28