Categorías: Secretaría Xeral

Formoso reivindica a campaña “limpa e construtiva” do PSdeG fronte ao empeño do PP en “embarrar a política” para recuperar poder nas cidades


O secretario xeral do PSdeG
presenta a candidatura de Pontedeume, encabezada por Bernardo Fernández Piñeiro, nunha comarca gobernada integramente polos socialistas, que apostan polo emprego e a industria

7 de maio de 2023. O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reivindicou este domingo a campaña “limpa, construtiva e positiva” que está desenvolvendo o PSdeG, fronte ao empeño do PP en “embarrar” o terreo de xogo político coa intención de recuperar o poder nas cidades, xa que non goberna en ningunha logo de que no 2019 o electorado urbano lle dera as costas aos populares.


En declaracións aos medios, antes de intervir na presentación da candidatura de Pontedeume, o líder do PSdeG advertiu de que a man dos populares volve a estar detrás, como se viu outras veces, da guerra sucia promovida contra algúns alcaldes socialistas, como o de Santiago ou o de Ferrol, co empeño do PP en xudicializar a vida política para ver si nos tribunais recupera o apoio que os cidadáns lle negan.


Formoso tamén se referiu a como enfrontan a campaña dende o partido dos socialistas galegos, e asegurou que o están facendo “coa maior ilusión e o maior compromiso coas 313 realidades que conforman o noso país”.


A propósito disto, asegurou que “ sociedade galega é perfectamente consciente de que as forzas que son capaces de modernizar e de empatizar unha sociedade son as que traballan en positivo”. Así como, as que “son capaces de comprometerse cos obxectivos de reter o talento, de xerar emprego, de protexer socialmente ás persoas máis vulnerables da nosa sociedade”, engadiu.


Resaltou tamén que “toda a forza do partido con 144 anos de historia” estará posta nestas municipais en Galicia coa presenza este vindeira semana, adiantou de varios ministros e o presidente Pedro Sánchez para apoiar aos candidatos e candidatas locais do PSdeG.


O número un dos socialistas presentou a candidatura local en Pontedeume que tentará revalidar a maioría absoluta que ostentan dende o ano 2015 e que nas últimas eleccións tivo un respaldo aínda maior ao recibir o 64% dos votos totais. Formoso non quixo faltar ao acto electoral da comarca do Eume, na que os cinco concellos que a integran están dirixidos por alcaldes socialistas, e dos que o líder do PSdeG destacou o seu compromiso coa creación de emprego, a aposta pola industria e retención de talento.


Ademais, foi a apoiar a un Bernardo Fernández que o sucedeu á fronte da dirección provincial do partido, cando Formoso deu un paso adiante e alcanzou a secretaria xeral da federación galega, e co que leva coincidindo en decenas de actos por toda a provincia desde que botou a andar a precampaña.


ASUMIR CUSTES DA XUNTA


Pola súa banda, o alcalde e candidato á reelección, Bernardo Fernández Piñeiro, agradeceu a súas verbas de apoio a Formoso e o respaldo recibido polo concello eumés dende s Deputación da Coruña, que contrapuxo co que fai a Xunta. “Xa non é que non nos axudara
economicamente na pandemia, que non que nos obrigaba a asumir custes que non son da nosa competencia”, denunciou.


O tamén secretario provincial do PSdeG puxo en valor o traballo de tódolos membros que conforman a súa candidatura para que a vila siga progresando nun tempo futuro que apunta como importante pola implementación dos fondos europeos que poder volver a xerar emprego na vila.


No acto tamén interviron a secretaria de organización da agrupación local e concelleira, Alejandra Bellón, e a número dous dos 23 veciños e veciñas que conforman a lista socialista, Charo Huertas.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28