Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista denuncia a falla de transparencia na xestión dos fondos de Recuperación asignados á Xunta

Begoña Rodríguez Rumbo anuncia iniciativas parlamentarias para que o goberno galego dea conta das eivas na xestión dos fondos sinaladas polo Consello de Contas

A viceportavoz do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, esixiulle hoxe ao presidente da Xunta que dea conta da “falla de transparencia” na xestión dos fondos de recuperación xestionados pola Xunta. Rodríguez Rumbo anunciou unha batería de iniciativas parlamentarias para que o goberno galego dea conta das eivas na xestión postas que vén de advertir o último informe do Consello de Contas.

A responsable socialista replicoulle ás críticas do presidente da Xunta pola xestión do Estado duns fondos comunitarios que o PP, lembrou, intentou en todo momento “poñer en perigo” co seu voto en contra. Lembrou que Galicia é a quinta autonomía que ten recibido máis fondos de Recuperación, ata os 2.800 millóns de euros, a metade dos cales son xestionados de forma directa polo goberno galego.

Advertiu que “a transparencia non é unha opción” para o Executivo autonómico, senón “unha obriga” por canto “están a xestionar os recursos de todos e todas”, e esixiulle ao presidente da Xunta que dea conta de “cales son as empresas que están esperando polos fondos e xa coñecen o financiamento por parte da Xunta de Galicia”.

Censurou que “no canto de dedicarse a traballar, dedícase a criticar a xestión do goberno”, mentres sae mal parado da fiscalización da propia xestión da Xunta por parte do Consello de Contas. O ente alerta da falla de planificación, a falla de seguimento dos proxectos e falla de transparencia e rendición de contas, xa que “non se publicaron datos relativos á xestión que permita coñecer o grao de avance na execución”.

O ente fiscalizador alerta da falla de preparación por parte do goberno galego, sinalando a falla dun plan estratéxico de Subvencións ou un Plan anual de contratación da Administración Pública. Ademais, falla unha norma específica para axilizar a xestión dos Fondos de Galicia, ademais de que suspende na análise da viabilidade dos proxectos e na falla de seguimento da execución dos fondos asignados.

Advirte que o Consello de contas sinala expresamente que “non foi posible verificar que a planificación, coordinación e seguimento das actuacións incluídas no Plan de Recuperación acadara o grao de desenvolvemento esixible”.

Ademais, subliña a falla de mecanismos de difusión ou comunicación dos plans antifraude, máis alá dunha publicación e un enlace ao manual para novos funcionarios, mentres o persoal asignado polo goberno galego para a xestión dos fondos resulta absolutamente insuficiente, con pouco máis da metade dos traballadores que serían necesarios.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04