Categorías: Actualidade

Os socialistas galegos presentan máis de medio centenar de candidatos mozos de cara ao 28M para “facer a revolución municipal”

Formoso resaltou a importancia de que a xente moza se involucre nos asuntos públicos e agradeceu aos membros das listas o seu compromiso e “traballo incansable” para cidadanía

5 de maio de 2023. O PSdeG e as Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) presentaron este venres ao máis de medio centenar de candidatos mozos que concorrerán nas listas socialistas de cara ás eleccións municipais que se celebrarán o vindeiro 28 de maio, coa que queren revolucionar o mundo municipal.

O acto celebrado na Sala Sónar de Santiago contou coa participación do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, o secretario xeral de JSE, Víctor Caamaño. Tamén interviu o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, quen destacou a importancia de que a xente moza participe en política e se preocupe dos asuntos públicos.

Falou directamente aos candidatos menores de trinta anos que forman parte das listas socialistas, que son tanto militantes do partido, da organización xuvenil ou independentes, para agradecerlles o seu “compromiso e traballo incansable” cos seus veciños e veciñas, nunha etapa vital onde destaca a dificultade asumir estas responsabilidades.

Nun mundo en constante cambio, Formoso alagou a “fortaleza” dunha xente nova que sofre problemas. Entre eles nomeou o da saúde mental, campo no que cada vez hai máis conciencia, pero no que a Xunta segue sen dar cobertura coa peor media de especialistas per cápita do Estado.

Na mesma liña, falou das dificultades no acceso á vivenda, asunto para o cal o goberno está a impulsar unha nova Lei de Vivenda, ou dun “mal endémico para Galicia” como é a emigración, que agora dáse co aliciente de que os que marchan son “a xeración mellor formada da historia”, alegou.

Agradeceu persoalmente ás XSG a organización do evento e comprometeuse a “seguir traballando conxuntamente” para corrixir as eivas que ten a comunidade autónoma no campo da mocidade, co obxectivo final de que “poidan desenvolver o seu talento e crear o seu proxecto de vida na súa terra”.

“FACER A REVOLUCIÓN MUNICIPAL”

Xurxo Doval, como secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia, amosou o “orgullo” que senten na organización ante unha nova xeración de socialistas que “veñen con ganas de comerse o mundo”. Aos candidatos e candidatas mozas do PSdeG agradeceulles a súa “valentía” para “abandonar a comodidade dos 140 caracteres” de Twitter e atreverse “a mudar algo, por pequeno que sexa” nos seus concellos.

No seu discurso defendeu os valores da política local, a máis “honorable, autorrealizante, pero tamén a máis sufrida”, así como para enxalzar o “ADN socialista” que vai da man da “humildade e a proximidade” que asegura failles “imparables”. “Así que saíde non a comervos o mundo, a reivindicar o momento que nos corresponde, a facer a revolución municipal”, concluíu así dirixíndose directamente aos membros mozos das candidaturas do PSdeG.

O acto foi presentado por Ana Alvite, estudante de enfermaría que con tan só 22 anos será o número 2 da lista do PSdeG en Ribeira e forma parte da Executiva Nacional das XSG. Ademais de agradecer en nome da organización xuvenil o apoio ao PSdeG, declarou que co propio evento buscaban “demostrar a forza da mocidade para cambiar as cousas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18