Categorías: Secretaría Xeral

Formoso e Albares destacan a Culleredo como un “referente” en Europa da economía circular pola restauración da Ría do Burgo e da fábrica da Cross

O secretario xeral do PSdeG eloxia tamén o traballo do Ministro de Exteriores para recuperar “o papel relevante de España” na esfera internacional

5 de maio de 2023. O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, e o Ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, da man do alcalde, José Ramón Rioboo, visitaron este venres o concello de Culleredo e o destacaron como un “referente da economía circular” en Europa, debido aos seus proxectos para sanear a Ría do Burgo e dar un novo uso á nave da antiga fábrica da Cross.

O tamén presidente da Deputación da Coruña eloxiou en primeiro lugar o traballo de Albares á fronte do Ministerio, cunha “capacidade que a todos nos está a marabillar”. Definiu ao seu “compañeiro” de partido como “unha persoa respectada internacionalmente, discreta e humilde”, pero sobre todo “que sabe traballar para recuperar o papel relevante de España no eido internacional”.

Para Formoso, o aumento do peso de España na política internacional e, polo tanto, o éxito da xestión de Albares, maniféstase coas visitas de Pedro Sánchez a China para reunirse con Xi Jing Ping e a Estados Unidos para ser recibido por Biden. “Quen da máis?”, pregúntase o líder do PSdeG, antes de insistir en que está “a man” do Ministro de Exteriores detrás da relevancia na esfera pública global que acadou o goberno.

No relativo ao municipio que visitaron este venres, encontrou necesario destacar que “cada vez que Culleredo quixo soñar un proxecto difícil de acometer”, sempre encontrou o apoio do executivo central. Formoso puxo como exemplo o saneamento da Ría do Burgo, que “parecía imposible pensar que tras tantos anos de contaminación” e “agora vai a ser un verxel”, o que asegura que é posible “grazas ao compromiso do goberno de España” cun investimento de 60 millóns de euros.

Outro dos “soños” que teñen os socialistas en Culleredo é o de dar utilidade ao edificio “cun gran valor arquitectónico” da antiga fábrica da Cross, que “forma parte dunha etapa industrial” e á que agora queren darlle outro uso. A nova utilidade deste espazo está xa decidida dende o concello, asegura que cumprirá unha función para o lecer da veciñanza local e sinala que o proxecto fará a Culleredo “unha referencia na economía circular” e será apoiado polas distintas institucións das que os socialistas forman parte.

REINDUSTRIALIZAR ESPAÑA

Pola súa banda, o Ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, falou de “dinamismo renovado” e de dotar dun “futuro” a Culleredo que significan os proxectos de restauración da Ría do Burgo e da nave da La Cross, logo de conversar con Formoso e co alcalde local, José Ramón Rioboo.

Manifestou o apoio do goberno que representa a estes proxectos, xa que é “xusto o que queremos facer en España, volver a reindustrializar”, algo que asegura que tamén buscan estender en toda Europa coa presidencia da Unión Europea que asumirán en pouco tempo.

Trasladou a ambos tamén o “compromiso do goberno con Galicia”, que cre que queda demostrado coas diversas reunións que vai a haber neste territorio durante a presidencia española do Consello da Unión Europea.

O alcalde tamén tivo unhas palabras de agradecemento a Albares pola “extraordinaria” xornada no municipio, da cal agarda que lle quedara “un bo recordo” de Culleredo e que se vexa reflectido no compromiso futuro do executivo central coa vila coruñesa.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13