Categorías: Actualidade

Formoso respalda o proxecto “cargado de ilusión” que representa Jairo Bello para recuperar o dinamismo de Abegondo

O secretario xeral do PSdeG intervén na presentación da primeira candidatura socialista no municipio dende hai oito anos e que conta con moita xente nova que debuta na política

Bello expuxo as principais liñas políticas da súa candidatura centrada na xeración de actividade económica e en “programas pioneiros” para a mocidade e a terceira idade

4 de maio de 2023. O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, interviu este xoves no acto de presentación da primeira candidatura socialista que se presenta en Abegondo dende o ano 2015, onde puxo en valor o proxecto “cargado de ilusión” que personaliza Jairo Bello. “É unha persoa con visión, moi capacitada, que sabe ben as teclas que hai que tocar para que este concello recupere o dinamismo que merece”, dixo o tamén presidente da Deputación da Coruña sobre o cabeza de lista.

A presentación foi unha celebración para os socialistas galegos, pois recuperan a presenza nunha vila destacada da comarca coruñesa como é Abegondo. Formoso avalou a lista integrada principalmente por “xente nova con ideas novas”, que non ven directamente do ámbito da política e que está encabezada por Jairo Bello.

O número un do PSdeG fixo fincapé no “orgullo” que sente de poder recuperar a presenza neste concello, facéndoo ademais cunha lista renovada que “vai a abrir unha nova etapa” na agrupación, pero tamén está seguro de que marcarán “un tempo novo” para os veciños e veciñas de Abegondo.

No acto tamén participou o secretario provincial do PSdeG na Coruña, Bernardo Fernández Piñeiro, quen sinalou que é “un día moi especial” po recuperar a presenza dos socialistas, pero tamén por “respaldar a Jairo e a todos os veciños e veciñas comprometidos co municipio que o acompañan na candidatura”, os cales van a “traballar, pelexar e deixarse a pel polo futuro e o presente” da localidade.

Fernández Piñeiro criticou ao actual goberno conservador, cuxo proxecto considera que “está esgotado e xa non aporta nada á vila”, xa que “non xera oportunidades para que a mocidade poida desenvolver o seu proxecto vital, nin para a implantación de empresas, nin cuida os servizos públicos, nin renova as infraestruturas”, alegou.

RECUPERAR AS “XERACIÓNS PERDIDAS”

Pola súa banda, o candidato á alcaldía Jairo Bello, agradeceu o apoio que tivo dende a dirección galega e a provincial do partido para iniciar esta nova andaina. Na súa intervención, centrouse en expoñer as liñas mestras do proxecto que quere construír en Abegondo, buscando iniciar “un tempo de cambio no noso municipio”.

Bello dirixiuse aos directamente aos seus veciños e veciñas cando, en nome da candidatura que encabeza, asegurou que “queremos ser e estar, queremos avanzar, queremos xestionar os recursos e o patrimonio do noso municipio dun xeito transparente, eficiente, cun trato individualizado pensado para as persoas e queremos facervos partícipes de todo isto”.

O candidato remarcou que o seu equipo ten “programas pioneiros” especialmente dirixidos cara o sector mozo e o da terceira idade. Incidiu en que a “parálise” do goberno local durante os últimos anos traduciuse en “xeracións perdidas” de rapaces e rapazas que tiveron que marchar cara outros municipios. Por iso, ofrecer oportunidades económicas é un dos seus principais obxectivos.

Un aspecto fundamental de calquera municipio é o PXOM, que en Abegondo leva sen actualizarse dende o 2002. Son máis de vinte anos nos que “moita xente tivo que marchar por non poder facer unha casa para iniciar o seu proxecto de vida na súa vila”, asegurou Bello. Neste senso, tamén critica a carencia de solo industrial que impide ás empresas crear emprego que permita ás persoas ter un futuro estable na localidade.

Jairo Bello tamén marcou a importancia de “renovar de forma paulatina, pero constante” as “infraestruturas obsoletas” que hai na vila, tanto no ámbito dos deportes, da cultura ou dos servizos sociais. Unha “forma distinta de xestionar”, coa máxima de “facer as cousas para as persoas”, que Bello e a súa lista repleta de xente “nova e ilusionada” queren traer a Abegondo.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18