Categorías: Secretaría Xeral

O PSdeG presenta a súa Ponencia Marco para as municipais co obxectivo de crear concellos máis prósperos

Alberto Varela sinala que as 120 medidas comprendidas no documento son “esenciais” para facer avanzar aos concellos galegos nos vindeiros catro anos

Formoso resalta a “proposta construtiva”do PSdeG de cara ao 28M, afastada da estratexia do PP baseada en “embarrar o terreo de xogo” político

4 de maio de 2023. O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, ofreceu unha rolda de prensa xunto aos coordinadores da Ponencia Marco dos socialistas galegos para as municipais, Alberto Varela e María Barral, coa queren crear municipios máis prósperos dende o sector público, entendendo que sen dinamismo económico “non hai expectativas posibles”.

Ante os medios de comunicación aproveitou para comparar a “proposta construtiva” que teñen os socialistas galegos e cuxa proba é o propio programa que presentan, coa estratexia da que acusa ao PP, que entende que está baseada en “embarrar o terreo de xogo político”.

Nesta liña, respaldou ao alcalde de Ferrol, Ángel Mato, como xa o fixo no seu momento con Xosé Sánchez Bugallo, cualificando a ambos de “referencia ética na política galega”. Dixo claramente que “o Partido Socialista non actúa así” e que terán “moitos defectos”, pero sempre van “coa bandeira da positividade e da ilusión que conectan moito mellor coa sociedade galega e coa idiosincrasia do noso país”, engadiu.

Pola súa banda, Alberto Varela como coordinador da Ponencia Marco puxo en valor a forza municipal dos socialistas galegos con “experiencia en xestión” acreditada por “máis da metade da poboación galega que ten un alcalde ou alcaldesa do PSdeG, que levan adiante “os principios irrenunciables dos socialistas que son a equidade e a xustiza”.

O tamén presidente da FEGAMP fixo fincapé no papel que teñen os concellos que foi mudando co paso dos anos, con novos obxectivos coa incorporación de ámbitos como o medioambiental, pero “nunca mudando os nosos principios”, alegou. Todo iso, asegurou, está presente no programa de referencia que ten o PSdeG para as candidaturas locais e que el foi o encargado de xestionar.

120 MEDIDAS “ESENCIAIS”

Presentou os cinco eixos nos que se recollen as 120 medidas “esenciais” dos socialistas “para traballar, para vivir con calidade dende a infancia ata a madurez, e para formarse integralmente como persoa”. A condición de partida necesaria que marcou varela é que haxa “concellos máis prósperos”, xa que sen xeración de actividade económica nin emprego de calidade, “non hai expectativas posibles”. Considera que son os entes públicos os encargados de promover a creación de postos de traballo para a xente moza e “non deixalo ao albur do mercado”.

Varela puxo o foco na necesidade de que as vilas gañen en calidade de vida e en espazos verdes, recuperando espazos para o lecer e cun espazo amable para as persoas. No mesmo sentido, o alcalde de Vilagarcía marcou a mellora no acceso á vivenda como un punto esencial do programa socialista nos concellos de cara ao vindeiro mandato.

Continuou falando a tamén coordinadora da ponencia e alcaldesa de Betanzos, María Barral, quen explicou as medidas que contén o documento de cara a rematar coa desigualdade entre homes e mulleres, campo no que “queda moito por facer”, así como as destinadas a poñer fin á estigmatización das persoas pola súa condición sexual.

Tamén falou dos outros dous eixos da Ponencia Marco, que é crear municipios “para todas as idades”, isto é que sexan accesibles para as persoas maiores, así como que ofrezan oportunidades de futuro aos máis mozos. O último dos eixos é o da formación, con propostas para que a xente nova poida desenvolver todo o seu potencial, especialmente na cultura e no deporte, onde os concellos teñen unha maior capacidade para actuar.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32