Categorías: Secretaría Xeral

Formoso propón un reforzamento do IGAPE para manter o emprego vinculado ás Pemes e asegurar as liñas de crédito

O secretario xeral do PSdeG anuncia propostas que levarán ao Parlamento para axudar ao tecido económico galego a sobrevivir á alza dos prezos

Tacha de “irresponsable” a Rueda por “preocuparse máis” do futuro político do líder socialista que dos problemas dos traballadores e traballadoras de Galicia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, propuxo hoxe que se reforce o IGAPE para asegurar o acceso das Pemes ao financiamento e manter as “decenas de miles” de empregos vinculados ás mesmas. Estas medidas buscarían axudar á supervivencia do tecido produtivo galego ante a alza dos prezos e dos custes da enerxía e das materias primas.

Valentín González Formoso valorou a última Enquisa de Poboación Activa, que deixa datos “moi preocupantes” no relativo a Galicia, xa que confirma a perda de 9.000 empregos no último trimestre de 2022, así como 10.000 traballadores industriais menos durante o transcurso do ano pasado, ademais de que nesta comunidade o paro baixe 2 puntos menos que a media do Estado.

A isto hai que sumarlle que de cara ao ano que acaba de comezar hai unhas previsións de crecemento moi baixas, sendo este de apenas un 0,5. Cifras moi inferiores ás doutras comunidades autónomas, xa que Galicia crecerá ata catro veces menos que as Illas Baleares e as Canarias, ou tres veces menos que a Comunidade de Madrid e Cataluña.

O número un dos socialistas galegos advertiu de que “non podemos afrontar as dificultades do 2023 coas receitas de sempre”, polo que encontra urxente que a Xunta “atenda ás demandas dos sectores produtivos do país” e responda ante a ameaza de destrución de emprego que “é a principal preocupación do pobo galego”.

Os postos que sempre corren máis risco nunha conxuntura como esta sempre son os que dependen das pequenas e medianas empresas. Por este motivo, Formoso “despois de percorrer o país”, anunciou que levarán ao Parlamento de Galicia propostas para axudalas a obter o financiamento preciso para a súa supervivencia, ao que teñen difícil acceso por culpa das maiores trabas postas dende o sector financeiro.

A primeira destas medidas sería a de subvencionar cunha partida de 20 millóns de euros que poidan financiar parte do custo dos créditos, como por exemplo, o 1% dos xuros destas Pemes coas entidades financeiras.

A segunda, e a que considera máis urxente o líder socialista, é a de crear unha partida de 100 millóns euros no orzamento para financiar un circulante estable ao tecido produtivo galego, especialmente ao que ten características exportadoras, que permita, entre outras cousas, pagar aos provedores, as cotizacións á seguridade social ou as nóminas aos traballadores. Formoso entende que estas dificultades de acceso de crédito, xunto co encarecemento do subministro de materias primas, está a por en risco a viabilidade de centos de Pemes galegas.

Emprazou deste modo a Rueda que “faga como o goberno do Estado” e aplique medidas para axudar á pequena empresa, como xa fixo o executivo central a través da ampliación do créditos ICO, recordou. A urxencia destas medidas deriva da necesidade de manter “decenas de miles de postos de traballos en Galicia”.

RUEDA TEN QUE PREOCUPARSE DOS TRABALLADORES GALEGOS”

Ante a insistencia do presidente Alfonso Rueda por coñecer o futuro político de Formoso, este replicoulle que se preocupe máis do futuro laboral dos galegos e galegas” do que dependen 2,7 millóns de persoas.

O secretario xeral dos socialistas reprochou ao presidente da Xunta que estea centrado en cuestións internas doutras formacións políticas cando “os traballadores teñen dificultades para cadrar as contas, cando as cifras de crecemento son tan preocupantes, ou cando hai 9.000 desempregado máis en Galicia no último trimestre”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08